Letras en movemento
/en Imaxes, Lectura/por bretemas
No blog do libreiro venezolano Roger Michelena atópanse imaxes ben fermosas sobre o mundo do libro, a lectura e a tipografía. Eis algunhas das máis recentes.
Blogs e fomento da lectura
/en Blogs, Lectura/por bretemas
A revista electrónica Dosdoce.com publica un traballo de Javier Celaya sobre o papel dos blogs no fomento da lectura e a súa aplicación educativa. O estado da cuestión e as experiencias máis salientables. Moi recomendable.
Ler dende o berce
/en Lectura, Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Vía Libreros atopo este interesante artigo sobre o inicio do proceso lector. A afirmación máis rotunda do texto é que “os oito meses de vida é o momento no que cómpre iniciar ao bebé na familiarización do libro como obxecto”. Semella que nesta idade, cando o neno ou a nena xa pode sentar e coller o libro coas súas mans, é a do inicio do complexo proceso pre-lector. Precisamente, asumindo este criterio, Kalandraka editou o primeiro libro en tea en galego e a colección “Do berce á lúa“, títulos moi axeitados para estes pre-lectores.
En defensa da lectura
/en Lectura/por bretemas
Ando estes días preparando o pregón da Feira do Libro de Vigo do vindeiro venres. Pretendo enfocalo como unha defensa da lectura e do oficio de libreiro. Procurando documentación atopei estes catro traballos de defensa da lectura ou estoutras reflexións sobre o traballo de libreiro.
Plano Nacional de Leitura
/en Cultura, Lectura/por bretemas
Vía Alcameh teño noticias do Plan Nacional de Leitura que se pon en marcha en Portugal. Semella que a consideración da lectura como eixo das políticas culturais públicas, con especial atención ás bibliotecas escolares, é un feito xa incuestionable. No caso portugués algunhas das liñas estratéxicas máis salientables (coincidentes en boa medida co plan galego) son os seguintes:
- Alargar e diversificar as acções promotoras de leitura em contexto escolar, na família e em outros contextos sociais.
- Contribuir para criar um ambiente social favorável à leitura.
- Assegurar formação e instrumentos de apoio.
- Criar e manter um sistema de informação e avaliação.
Este plan portugués a cinco anos propón o desenvolvemento de programas específicos en función de públicos: Ler é un desporto (13 a 18 anos), Un livro, un amigo da palavra (mozos universitarios sen hábitos de lectura), Leitura sem fronteiras (hospitais, cárceres, centros de maiores…). Así mesmo, establece programas específicos paras as bibliotecas públicas (Ler antes de ler, Já sei ler, A conquista do leitor) familias (Leitura á par), como escolas (Está na hora dos livros, Está na Hora da leitura), nas que se propón que se lle dedique unha hora diaria.
Un plan interesante que merece ser estudado con atención en Galicia, precisamente cando está a punto de aprobarse o noso.
Libro aberto e clubes de lectores
/en Lectura, Televisión/por bretemas
Esta noite inicia a súa emisión Libro aberto, o agardado novo programa sobre libros e literatura da TVG. Polas noticias que temos o programa vai ser moi xeitoso e dinámico, con protagonismo importante dos clubes de lectores das bibliotecas. O programa de hoxe centrarase arredor de Corredores de sombra, a obra máis recente de Agustín Fernández Paz, que será entrevistado por Manuel Romón, o condutor do programa (un acerto recuperar a este Rompente para a programación cultural). A novela de Agustín foi traballada a fondo polo clube de lectores da Biblioteca Moaña, que prepararaon varias preguntas para que respondese o autor. A vindeira semana serán os lectores da Biblioteca Rialeda de Oleiros os que aborden O heroe. Darlle voz aos lectores, sexa por medio dos clubes de lectura ou dos críticos especializados en ámbitos temáticos ou de xénero, semella que vai constituír o sinal de identidade do programa que dirixe Luís Rei. Unha estratexia moi interesante. Agardamos que o programa consolide unha audiencia digna. A proposta ben a merece.
Congreso Galego da Lectura
/en Lectura/por bretemasA pesar do incerto dos resultados deste tipo de convocatorias, non estaría de máis que neste mes dos libros as Consellarías de Cultura e Educación convocasen conxuntamente un Congreso Galego da Lectura a celebrar a finais deste ano. Un gran encontro deste tipo –onde deberan participar autores, editores, mediadores, lectores e administracións públicas– debería constituír o revulsivo que precisamos para lanzar o Plan Galego da Lectura. Os axentes galegos da lectura precisamos visualizar publicamente un debate nacional sobre a revolución lectora que queremos promover. Temo que a pesar das boas intencións expresadas polos responsables actuais das Consellarías de Cultura e Deporte e de Educación algo está fallando na coordinación das súas accións sobre o libro e a lectura que debería constituír un elemento transversal e unha prioridade do goberno bipartito. Este abril dos libros debería servir para intensificar o ritmo das políticas públicas sobre o libro e a lectura en Galicia. Neste tema non podemos ir tan amodiño.
Actualización (09-04-2006): sobre a cuestión da lectura recomendo visitar interesantes propostas e reflexións recentes:
Eu son um lápis
/en Ensaio, Lectura, Novidades/por bretemas
Vía Alcameh coñezo a tradución portuguesa deste libro incluído por Publishers Weekly entre os mellores libros de 2004 no apartado de Non ficción. “Un profesor, os seus alumnos e o seu mundo de historias”. Semella interesante para os lectores interesados en cuestións educativas. Non atopo tradución en castelán.
Congreso da lectura
/en Lectura/por bretemas
Nin un só ponente da literatura e da edición en galego no Primeiro Congreso Nacional da Lectura (coa excepción da conferencia inaugural de Nélida Piñón). Non dubido que o programa é atractivo, mais dificilmente así pode facerse crible iso da España plural, a pesar da importante nómina catalana. Afortunadamente, hoxe deixamos case listo na Comisión do Libro o texto do Plan de lectura, que acompañará á Lei do Libro e a Lectura. Un paradoxo da nosa vontade arredista?

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.













