A cultura catalana, Frankfurt 2007
/en Cultura, Eventos/por bretemas
IIIº Simposio "O Libro e a Lectura"
/en Bibliotecas, Edición, Eventos/por bretemasO encontro de 2006, aberto a estudantes e todo tipo de profesionais relacionados co sector do libro e da edición, xirará arredor do lema “Bibliotecas, Lectura e Edición“. Están previstas varias conferencias e mesas redondas sobre a situación bibliotecaria e a lei do libro, a lectura no marco da Reforma Educativa, as bibliotecas escolares e a Reforma Educativa, Bibliotecas e Lectura, Bibliotecas e Novas Tecnoloxías, o canon bibliotecario e a presentación de diversas experiencias de animación bibliotecaria. Axiña anunciaremos o programa definitvo e o nome dos participantes.
Encontro Blogs e Libros
/en Blogs, Eventos, Literacidade/por bretemasEste encontro informal desenvolveuse en base a tres grandes quendas de intervencións. A primeira de presentacións dos participantes (e das características de cadanseu blog). A segunda, o cerne da conversa, para abrir liñas de debate e repensar algunhas sobre a relación actual entre libros e blogs. A terceira, sen pretensións de elaborar conclusións, para organizar minimamente o grupo e preparar o seguinte encontro.
As liñas e temas de debate postos sobre a mesa foron moi numerosos. Entre outras, tomei notas das seguintes:
- As posibilidades comunicacionais e creativas da textualidade electrónica.
- A lectura como eixo central do novo modelo comunicacional.
- O concepto de literacidade electrónica.
- Cambio do rol do escritor, do editor, do libreiro e do bibliotecario.
- Mudanzas na intermediación entre o autor e o público.
- O problema da autoría: de individual a compartida.
- Como fomentar a conversa sobre os libros dende os blogs?
- A necesidade dunha literacidade crítica.
- A complementariedade entre os medios analóxicos impresos e os dixitais electrónicos.
- A modificación da cadea de valor: como elixir lectura e como se comercializa? Os cambios recentes en Amazon como novo paradigma.
- A “teoría da Larga Cola“: que libros hai detrás das listas dos máis vendidos?
- Google boks: oportunidade ou ameaza?
- O recurso máis escaso é a atención humana.
- As posibilidades da web semántica.
- As mudanzas na comercialización e distribución: cal é o futuro da libraría?
- Dereitos flexibles e fragmentación do contido dixital.
- Os prezos flexibles na nova industria cultural.
- Blogs e literatura.
Máis achegas sobre o Encontro:
- Txetxu Barandiarán.
- Juan Varela.
- Tökland (vídeos).
- Ángel María.
- El futuro del libro.
- Libreria Laie.
- Tombuctú.
- Tíscar (Lectura crítica).
- Cartafol de gardalivros.
- Detrás del viento norte.
A pregunta sobre a dixitalización
/en Edición, Eventos, Vídeos/por bretemasFederico García Lorca en Lugo
/en Efemérides, Eventos/por bretemasDediquei boa parte da tarde a revisar as primeiras probas do que será o próximo libro de Alonso Montero, Anxel Fole, García Lorca e os Seis poemas galegos. Trátase dunha edición moi actualizada dun traballo anterior do Profesor, que será editada polo Concello de Lugo con motivo dos actos que o Foro pola Memoria Republicana de Galicia organizará en Lugo o vindeiro 28 de outubro, para lembrar a celebración do noventa aniversario da primeria visita de Federico á cidade da muralla.
Este novo traballo do Profesor (estamos preparando, tamén, a edición do seu groso volume Intelectuais marxistas e comunistas en Galicia. 1906-2006) deita unha mirada moi esclarecedora sobre as presenzas lorquianas en Galicia e sobre as motivacións, o proceso de escrita, a edición e a recepción dos famosos Seis poemas galegos.Particular interese tivo para min a lectura do testemuño de Francisco Lamas (membro destacado da revista Yunque que dirixía Fole) que afirma que Federico escribiu en media hora, o 22 de novembro de 1932, o seu primeiro poema en galego, na trastenda dun comercio de gramolas que tiña en Lugo Luís Manteiga. Interesante, aínda que achegando unha versión diferente, é tamén o testemuño de José López Cabanillas, que relata o acontecido naquela mesma noite de Federico en Lugo, despois de pronunciar unha conferencia sobre a pintora María Blanchard, afirmando que o poema foi redactado na casa de Ramón Martínez López, despois de que Federico recitase o “Rey de Harlem” (unha marabilla!) e algúns outros poemas que logo se publicarían de forma póstuma en Poeta en Nueva York. Fose nun sitio ou noutro, o que non hai dúbida é que aqueles primeiros versos lorquianos do Madrigal agromaron en Lugo, como testemuña a copia autógrafa de Federico (que reproducimos no volume) e que quedou en poder (como unha alfaia) de Francisco Lamas.
Outra importante novidade do volume, froito do traballo de furón de biblioteca do Profesor, é a recuperación da reseña de Roberto Blanco Torres (publicada en El País de Pontevedra en febreiro do 36, apenas seis meses antes de que fose cuneteado) sobre a aparición dos Seis poemas galegos. Con todo, o famoso texto de Álvaro Cunqueiro (“Poesía, craridade”), publicado en El Pueblo Gallego (tamén en febreiro do 36), constitúe unha das máis fermosas críticas sobre poesía galega que teño lido. Eis un dos parágrafos máis luminosos (dos que a actual crítica galega debería tomar boa nota):
Federico García Lorca regálanos oxe con seis poemas galegos que son gaita, nadal i-outras frescuras. A lingua anterga il apremia profonda e di con ela a i-alma finísima. Aquela ágoa que non desemboca, aquel mirar que tanto mira. I-a nosa lingua apenas tivo nunca de estraño galano maior. Eu amo no verso de Federico García Lorca a lixeireza do mundo, a lediza das froles, o amor perdido das cantigas, o decir romántico das formas i-o antiguor esmerado e fermoso. Festa é oxe na pequena lingua d-a dozura i-a craridade diste verso nos goza a todos.Etiquetas: Lorca, AlonsoMontero, Poesía
Iº Encuentro Libros y blogs 2006
/en Blogs, Eventos/por bretemasA Feira de Pawley
/en Eventos/por bretemas
Antes de iniciar o acto Pepe, que estaba ben animado, contounos que dende hai máis de trinta anos leva un bloc (insistiu no de bloc) onde diariamente recolle aqueles aconteceres e vivencias que considera máis significativos (en definitiva, un bloc analóxico manuscrito), textos que logo, ao remate do ano, transcribe a máquina. Este traballo foi o que permitiu a edición da primeira entrega das memorias que onte presentamos, organizadas a xeito de blog.
Os oitentas de Virxilio
/en Artes Visuais, Eventos, Exposicións/por bretemasXa me tarda en poder visitar a exposición antolóxica de Virxilio, inaugurada esta tarde en Compostela. O xenio do Cumial é un dos meus pintores preferidos, sexa polas formas sinuosas das súas mulleres campesiñas e emigrantes, for polas súas paisaxes elementais ou pola potente caligrafía que inmortalizou nas capitulares da Enciclopedia Gallega.
Estes douscentos cadros é unha retrospectiva ben importante. Alí acudiremos.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- «La Cristina», papeleira de Lavadores22 de Abril de 2025 - 10:30 a.m.
- As columnas de Noriega16 de Abril de 2025 - 4:29 p.m.
- Vigo desde o aire15 de Abril de 2025 - 5:14 p.m.
- Chasco14 de Abril de 2025 - 8:11 a.m.
- Piares da Lectura9 de Abril de 2025 - 12:12 p.m.