Opinións de Roger Chartier
/en Editores, Libro/por bretemas- Os editores electrónicos non lograron o éxito agardado á hora de sustituír o libro impreso en xéneros como a novela, a historia ou o ensaio, onde o lector prefire o obxecto que é trasladable e contén toda a obra.
- Os mozos len máis do que se di habitualmente. O que ocorre é que renunciaron, en boa medida, a formar bibliotecas.
- Os profesores son os auténticos heroes contemporáneos xa que pretenden integrar as manifestacións audiovisuais coa cultura máis clásica.
- A familia, a escola e os medios de comunicación xogan un papel básico de referencia para alentar a lectura.
Cortázar, Seoane, Porrúa e Galicia
/en Cultura, Editores/por bretemas
Juan publica hoxe un post interesante sobre as relacións de Cortázar con Galicia que recomendo vivamente.Sen entrar a valorar a oportunidade da cesión do legado fotográfico e fílmico cortaziano, semella que Touriño quere marcarse un tanto diferenciador con respecto á política cultural que acomete o seu propio goberno. Non correspondería encabezar esta xestión á Consellaría de Cultura? É imprescindible pretender capitalizar como propia cada iniciativa?
Nace Edicións da Rotonda
/en Editores/por bretemas
A intervención na Mesa dos blos da nosa admirada María merece comentario á parte xa que tivo a deferencia de anunciar a primicia mundial da creación de Edicións da Rotonda. María presentou a súa iniciativa como a dunha editora virtual, unha plataforma na rede desde a que lanzar todo tipo de produtos culturais. Presentou o seu primeiro produto, a novela de Carlos G. Meixide, O home inédito, disposta para ser descargada de forma gratuita (supoñemos que proximamente) da rede baixo unha licenza Creative Commons. Amosou a portada e o texto da obra, así como a páxina promocional da novela que contará cun blo, información sobre o autor, sinopse da obra, personaxes, making of, comentarios críticos… (os editores de papel presentes tomamos nota coma tolos dun modelo moi atractivo inexistente na edición galega).
María (na que sempre pensei que será a Carmen Balcells do século XXI) pretende que Edicións da Rotonda sexa editora sen ser fábrica, tentando darlle marca a todos aqueles intanxibles que editen. O segundo produto será EUROPA, unha película, mais tamén haberá música…
O proxecto promete moito, moito. Os editores convencionais temos moito que espabilar con iniciativas de edición na rede da calidade desta.
Beizóns, María e Berto! E longa vida para Edicións da Rotonda!
Actualización (07-11-2005): A editora está xa operativa dende hoxe na rede.
Os editores abandonan aos lectores?
/en Editores/por bretemas
Vía Txetxu, por fín, atopo a entrevista da que tiña noticia hai días de Luis Mateo Díez, un narrador que sigo desde hai tempo e que sempre me parece moi serio nos seus criterios artísticos. Da entrevista, escollo varios anacos que me parecen poden pagar a pena debater:
Sobre os límites da amizade e a inamizade
La amistad es el bien más generoso. Es la exaltación de los afectos en la entrega a los demás. Presento una fábula un poco de límites, como el corto camino que hay del límite de la amistad a la enemistad o al aborrecimiento; cómo algo tan noble, maravilloso y hermoso se contamina con la envidia y de pronto cómo dos amigos que se quieren se matan. La fábula está contada por las voces de muchos amigos que fueron testigos de una terrible historia que le sucedió a dos de ellos cuando eran adolescentes, que quedaron y se mataron. Es decir, cómo un sentimiento tan noble puede ser destructivo. El amor destruye y la amistad a veces se contamina. Hay un camino de centímetro y medio entre la amistad más noble y más cultivada y la enemistad. Es ese camino del afecto al odio fuera de lo amoroso.
Os editores abandonaron aos lectores
Hay un proceso de abandono de los editores a los lectores. La búsqueda denodada de la cuenta de resultados, de cómo el comercio ha entrado en el mundo editorial y de los libros -que es por otro lado razonable ya que es un mundo industrial- nos está llevando, como en tantas otras cosas, a una gran contradicción: la búsqueda del lector que no existe, que es quien lee un libro, pero no se engancha para el siguiente, la denodada búsqueda de ese lector que no existe porque ése es el lector más multitudinario, el que no lee. Eso conlleva el olvido hacia el lector que lee, que tiene un reto: que exige. Y decide lo que quiere. Yo creo que hay una navegación contradictoria en el mundo editorial y se está perdiendo el norte. Menos mal que algunas editoriales pequeñas están sosteniendo la vela atendiendo al lector que lee e intentando ganar lectores para la lectura. Y los lectores que ganas no son aquéllos que ganas para entretenerles un rato, sino que los ganas para la pasión. Y no te abandonan.
Editoriais en Internet
/en Editores, Internet/por bretemasNova editora
/en Editores/por bretemasNace OQO
/en Editores, Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Hoxe varios medios anuncian a aparición dos primeiros catro libros de OQO editora, o proxecto dunha nova editora de álbum infantil multilingüe do que tiveramos noticia na Feira de Boloña. A calidade e o interese dos libros, concibidos como espazos de creación literaria e plástica, está asegurada. Esta é unha moi boa nova para a edición galega. Parabéns e feliz travesía a Eva Mejuto e ao resto do seu equipo.Martínez de Sousa
/en Editores/por bretemasPepe é autor dunha longa obra, mais para min é o creador do Manual de edición y autoedición, do que nestes días acaba de aparecer unha segunda edición moi actualizada. Este é un dos meus libros máis consultados e queridos, ata o punto que o agasallo a cada un dos novos editores que se incorporan ao traballo da editorial. Un ritual iniciatico co que pretendo simbolizar a necesidade de aprender a mimar o texto como a tarefa primeira do noso oficio artesán. Moito do que sabemos na editorial, debémosllo ao maxisterio de don José. Os editores galegos temos pendente con el unha merecida homenaxe.
Editor extravagante
/en Editores/por bretemas
Os dous días de viaxe deron de si. Moita lectura (non son capaz de viaxar en avión sen un libro entre as mans), moito traballo sobre o orzamento 2006, longos debates cos colegas, moitas conversas (algunha moi triste) e mensaxes eufóricas ao móbil e, para rematar, un bonito paseo cos amigos.Quedei razoablemente satisfeito da miña intervención no coloquio sobre poéticas do editor, aínda que despois das palabras preliminares de Guelbenzu comentando os libros de Korda e Unseld, quedei convencido, se tiña dúbidas, de que eu son un editor extravagante e a nosa unha editorial atípica.
Defendín con paixón o carácter vocacional e militante do noso oficio de panadeiros da cultura textual, idea cada vez menos popular nun gremio que semella, con honrosas excepcións, situarse irremediable nos brazos da diletancia do señor Mercado. Non se pode impedir dalgunha maneira que desaparezan as librarías de cultura? Non se pode evitar que os únicos criterios de edición sexan os que impoñan directivos ou responsables comerciais que non len os libros que publican ou venden? Quen vai editar, de seguir as cousas como semellan precipitarse, eses libros importantes que teñan consecuencias? A viaxe serviu para realimentarnos de coraxe e de autoestima (o presentador do coloquio dixo que “a nosa editora era un referente na edición española”).

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Einstein en Vigo3 de Marzo de 2026 - 8:21 a.m.
O Celta é pequeno28 de Febreiro de 2026 - 8:34 a.m.
A edición galega á intemperie28 de Febreiro de 2026 - 8:27 a.m.
A familia Fraiz represaliada24 de Febreiro de 2026 - 7:44 a.m.
Idus de marzo23 de Febreiro de 2026 - 7:44 a.m.







