Entrevista a Carmen Balcells
Un bo amigo, que nestes días anda en viaxe, fíxome chegar a que di ser a segunda entrevista que lle fixeron a Carmen Balcells. Apabullante a grande señora. Recomendo a lectura vivamente.
Un bo amigo, que nestes días anda en viaxe, fíxome chegar a que di ser a segunda entrevista que lle fixeron a Carmen Balcells. Apabullante a grande señora. Recomendo a lectura vivamente.
O nacemento do DILVE (Distribuidor do Libro Español en Venda) é unha noticia esperanzadora. Esta é unha ferramenta informática, baseada en Internet e na tecnoloxía ONIX for Books, que permitirá intercambiar información bibliográfica (tanto comercial como promocional) entre todos os integrantes da cadea de valor da industria do libro (editores, libreiros, distribuidores, bibliotecarios, webs de lectura ou medios de comunicación…). Veremos como funciona. Semella unha oportunidade para visibilizar na rede o enorme catálogo vivo (325.000 títulos) imposible de poder atopar nas librarías.
Unha experiencia que se debería poder emular para o libro galego que conta con apenas nove mil referencias en catálogo. Un proxecto que podería acometer a AGE e a Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Consellaría de Industria, Innovación e Comercio.
Estes días, a celebración do Blog Day animoume a navegar pola rede fóra da rutina da revisión dos meus feeds do bloglines. Serviume, sobre todo, para actualizar a lista de sitios sobre a edición. E a verdade que foi moi boa a colleita. Algúns dos espazos de interese que atopei foron os seguintes:
«Un editor es un especialista en hacer buenas preguntas».
«Las frases favoritas del editor son dos: no sé y no entiendo».
«El editor es el representante del sindicato del hombre común».
«El editor busca decir lo que quiere decir el autor».
«El editor es un seductor y un manipulador».
Juan propón o debate sobre a posibilidade de insertar reclamos publicitarios nos libros. Existen experiencias xaponesas nas que se emprega unha sobrecuberta desbotable para incluír o apoio publicitario.
Vía Libreros chego a este espazo monográfico de Literaturas sobre Libros e tecnoloxía. Interesante para facerse cunha idea xeral sobre o debate no que vimos insistindo.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
