Instalados na crise
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Economía, Vigo/por bretemas
No artigo da semana alerto sobre a importante dimensión da crise do sector da automoción en Vigo, con importantes efectos sobre o emprego.Pedagoxía CAN
/en Economía, Internet/por bretemasRamonet, a dimensión da crise
/en Economía/por bretemas
Vía Microsiervos.Hoxe é un día de auténtico pánico. Ten razón Ramonet, esta crise é das que se producen cada cen anos: «trátase dun fracaso moral e ético do capitalismo neoliberal, onde se privatizan as ganancias e se socializan as perdas. Cando hai perdas, as pagan todos os cidadáns, até os máis modestos». Pódense escoitar as súas inquedantes declaracións na conversa que mantivo o pasado 21 de setembro con Chávez:
Para arranxar semellante lío, velaí as receitas de Michael Moore.
Para entender a crise
/en Economía/por bretemas
Este traballo de Joseph Stiglitz, nun día coma o de hoxe no que se desploman os mercados financeiros, axuda a entender as razóns desta crise profunda do capitalismo especulativo. Para o Premio Nobel en Economía de 2001 o problema principal da economía estadounidense é que dedicou pouco esforzo a administrar os riscos reais importantes, mentres que fixo moitos máis na creación de produtos financieiros que aumentan o risco: «Gastouse demasiada enerxía intentando facer diñeiro fácil; dedicouse moito esforzo a aumentar beneficios mentres non se dedicou o suficiente para aumentar a verdadeira saúde, se a saúde ven da produción ou das ideas novas». O fracaso dos mercados, responsables de asignar capital e administrar risco, é estrepitoso. «Nos últimos anos, os mercados financeiros crearon un casino de ricos xigante, no que xogadores potentados poden facer apostas de billóns de dólares contra outros. Estou entre os que cren que debe permitirse ás persoas adultas gran liberdade no que fagan, mentres non prexudiquen a outras. Mais velaí a fricion. Eses dilapidadores non se xogan os seus propios cartos. Tamén xogan o doutra xente. Poñen en risco todo o sistema financeiro, isto é, todo o sistema económico. E agora todos pagamos o prezo.» Máis claro, auga.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.




