Un Náutico para o século XXI
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Asociacionismo, Vigo/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre a polémica na que está inmerso o Club Náutico de Vigo.
Plan de lectura
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Lectura, Literacidade/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre o que debe supoñer a aprobación do Plan de lectura de Galicia e os cambios no concepto do libro e a lectura.
Tempo escolar
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación/por bretemas
No artigo da semana propoño, a raíz da folga dos mestres, unha reflexión sobre o horario e o calendario escolar.
De Sant Jordi ao 17 de maio
/en 17_de_maio, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Efemérides, Eventos/por bretemas
No artigo da semana fago unha crónica da experiencia do Sant Jordi 2007 e pretendo sacar algunhas experiencias que se poderían aproveitar para as nosas Feiras do Libro, Culturgal e 17 de maio.
Fracaso e perspectivas do PXOM
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasDestino atlántico
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade/por bretemas
No artigo da semana comento as novas propostas de TURGALICIA sobre promoción turística de Galicia.
Non ao canon bibliotecario
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Cultura, Vídeos/por bretemasMorreu Carlos Díaz Martínez
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, In memoriam/por bretemas
Por agardada que fose, a nova petounos moi fondo. Esta mañá morreu o noso benquerido amigo o editor Carlos Díaz Martínez. Editor de estirpe, documentalista da nación, Carlos foi un mestre de humanidade xenerosa a quen non sabemos agradecer todo e tanto que nos ensinou.
Editor emigrante, ocupouse da edición príncipe de Cemiterio privado de Celso Emilio Ferreiro e de tantas outras iniciativas culturais e políticas da Galicia desterrada durante a Ditadura. Xa en Galicia teimou por enriquececer co seu coñecemento os proxectos editoriais d’ A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa (ese obradoiro de beleza e poesía) e de Xerais (onde dirixía dende hai unha década a nosa liña de Álbums de postais, nun traballo de recuperación de memoria gráfica das cidades e vilas do país do que nos sentimos tan orgullosos).
Carlos era un editor artesán, minucioso, comprometido coa fasquía do libro coma síntese da expresión cultural. Haberá ocasións de recoñecer devagariño a obra que nos deixa para a memoria. Mañá na Coruña será incinerado na intimidade, como quere a familia. Hoxe todas as nosas beizóns para el e para os seus, desgarrados por tan terrible perda. Que a Terra dos teus soños che sexa leve, compañeiro!
Actualización (08-04-2007): No artigo da semana recordo a figura de Carlos.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Reconquista fiel9 de Abril de 2026 - 8:12 a.m.
O galego, ben da humanidade3 de Abril de 2026 - 8:29 p.m.
Lix primeiro piar da edición galega3 de Abril de 2026 - 7:58 p.m.
Portalén24 de Marzo de 2026 - 5:15 p.m.
Carencias do Celta23 de Marzo de 2026 - 5:07 p.m.








