BlogDay 2010
Seguindo a tradición de cada 31 de agosto recomendo cinco novos blogs que descubrín ao longo deste ano:
- Carta xeométrica: unha referencia diaria de rigor no combate cívico a prol da lingua galega.
- Planeta dos Equipos de Normalización Lingüística: un agregador dos cada día máis numerosos blogs dos Equipos de Normalización Lingüística. Unha ferramenta imprescindible na loita cívia da lingua, un recurso didáctico utilísimo.
- ebouqin, un espazo en francés sobre o libro electrónico que achega un contrapunto interesante á visión anglosaxona.
- Caustic Cover Critic, un referente para o noso traballo portadístico e de comunicación editorial.
- Bibliobsession, un bibliobog fermoso dun xove bibliotecario francés.





Levamos unha grande ledicia cando soubemos onte que 
«O libro, certos libros facilítanlle ó home a máis crítica e veraz información frente os medios de comunicación de masas dominados polo poder ou polos intereses dos que o detentan. Claro que a información nos libros ás veces chéganos demasiado tarde pra asistirnos no intre dunha urxencia de decisión que si a demoramos pode vir demasiado tarde. Pero hai tamén decisiós ou tomas de postura pra longo que nos deixan tempo. E aí sigo o sitio do libro reflexivo e máis fiable.
Recibida esta beizón por parte de tres blogs amigos (

