Grazas, moitas grazas

Foi a de onte para min unha noite memorable. Catro obras de Xerais premiadas e, se isto xa non abondase, o premio para Brétemas (bautizado pola COPE como Nieblas) como Blog literario. Máis non se pode pedir. En todo caso, é de xustiza agradecer de corazón aos membros da AELG este recoñecemento, que sei desmesurado, e aos compañeiros de viaxe de Blogaliza por facelo posible cada día. Beizóns.

14 comentarios
  1. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Hai que recoñecer tamén que esa editorial Generales debe de ser moi boa. Mira que gañar catro premios!!
    Noraboa, amigo.

  2. folerpa
    folerpa Dice:

    O de “ediciones generales” é fantástico, o da COPE semella cada vez máis unha emisora humorística que emprega, por certo, o mesmo tradutor que o conselleiro de cultura.
    Malia darche os parabéns en persoa onte, quero que fique aquí constancia escrita deles. Pois ao cabo moito dos que por aquí pasamos consideramos tamén esta a nosa casa e ti o mellor anfitrión.

  3. magago
    magago Dice:

    Pois moitos parabienes, entón! Manolo, é un premio merecidísimo. Como lector, alégrome moitísimo e sinto ese premio case coa emoción de se mo deran a min. Son os teus moitos anos ao pé do blog, creando un espazo útil non só para a editorial senón para comprendermos a cultura contemporánea do país.

  4. magago
    magago Dice:

    …e unha cousa máis. Ás veces non valoramos as cousas porque parecen que están aí de sempre, que como nos veñen gratis…A cuestión é: canto perderían os blogs en galego sen Brétemas! Así que grazas, mil grazas por estar aí.

  5. Xurxo Sierra Veloso
    Xurxo Sierra Veloso Dice:

    “Luz del Senegal”, din os da COPE. En fin, sempre nos quedará a lembranza dos magníficos informativos de Xosé María Palmeiro en Radio Popular de Vigo. Unha aperta, Brétemas, parabéns polo teu traballo de cada día.

  6. olga
    olga Dice:

    Parabens, Manolo. Brétemas non fai honra ó seu nome: pon unha luz clariña mesmo en aspectos que poderían pasar sen ser vistos (anque sí notados) Dos teus éxitos todos recollemos algo.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] esenciais da nación. Tamén, no apartado tecnolóxico da velada, tivemos o pracer de parabenizar o Manuel Bragado por apañar o premio que varios amigos ansiábamos, cousa que el fixo sen aforrar agradecementos […]

Los comentarios están desactivados.