Poema de hoxe 98: “Bagdad” de Elvira Riveiro
Onte 1635: Na Feira do Libro de Pontevedra con Álex Alonso
/en Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Poesía, Premios, Presentacións, Xerais/por bretemas
Comezamos onte en Pontevedra a tempada de presentacións nas Feiras do Libro de Galicia, organizadas pola Federación de Libreiros. Fixémolo co libro de relatos de Álex Alonso, Tempo de bebidas isotónicas e fast-food, obra gañadora do Premio Ánxel Fole 2015, e coa edición que Anxo Angueira preparou de Follas novas de Rosalía de Castro. O bo serán de primavera foi un aliciente para que a praza da Ferrería pontevedresa estivese moi animada, o que ben agradecimos.Na súa intervención, Álex Alonso definiu o seu libro como “unha expresión dun estado de ánimo indignado, unha denuncia da corrupción, da precariedade, do paro, dos desafiuzamentos, da estafa das preferentes, do acoso escolar, da violencia contra as mulleres ou do racismo”. “Quixen que o libro fose coma un caleidoscopio da sociedade actual, un mosaico onde cada un destes problemas tirados das páxinas dos xornais fose unha peza, procurando unha lectura acedamente divertida”.
Poema de hoxe 97: “Quero chegar ao mar” de Antonio García Teijeiro/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Onte 1634: Camilo, Premio Trasalba
/en Autores, Ensaio, Galeguismo, Nacionalismo, Onte, Premios, Vigo, Xerais/por bretemas
Acerta de cheo a Fundación Otero Pedrayo outorgando a Camilo Nogueira o Premio Trasalba 2016. Recoñécese así a extraordinaria traxectoria de Camilo nos eidos político, profesional e cultural onde serviu con xenerosidade desbordada a causa de Galicia. Modelo de teimoso optimista da vontade, Camilo contribuíu a modernización do nacionalismo galego contemporáneo e o seu arraizamento no pensamento socialista radical e europeísta, “na mellor tradición da Xeración Nós”. Ensaísta concienzudo e lúcido, analista agudo, historiador erudito, lingüista vocacional, conferenciante didáctico, lector curioso, vigués cosmopolita, Camilo Nogueira acuñou no nacionalismo galego o modelo de pensamento inclusivo, imprescindible para enxergar e compartir os territorios da esperanza. Cando cumpre os 80 anos, este premio recoñece o seu labor de xigante e pioneiro. O 26 de xuño estaremos con el en Trasalaba celebrando a Galicia da esperanza.
Poema de hoxe 96: “Monumento funerario para a túa ausencia” de Xosé Luís Franco Grande/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Vivir despois de todo non é máis
que andar a cegas sempre
Xosé Luís Franco Grande, “O tempo á espreita” (Xerais, 1987)
Onte 1633: “O anxo negro” de Manuel Gago
/en Autores, Book_trailer, Narrativa, Novidades, Onte, Xerais/por bretemasRecomendo vivamente seguir as iniciativas que Manuel Gago prepara na rede para o lanzamento d’ O anxo negro, a novela coa que debuta na narrativa no mes de maio. Ademais de gozar das pezas audiovisuais, no web do libro pode participarse nunha experiencia singular de comunicación entre o autor e o lector, previa á publicación do texto.
Poema de hoxe 95: “A cometa” de Xosé María Álvarez Blázquez/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra
Xosé María Álvarez Blázquez, Canle segredo (1953)
Onte 1632: “A cacería” de Amadeo Cobas
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Onte, Premios, Xerais/por bretemas
Presentamos en Noia A cacería, a novela de Amadeo Cobas, gañadora do premio de novela curta cidade centenaria. O escritor Ramón Carredano definiuna como “unha novela de aventuras pura e dura ao xeito máis clásico, onde existen batallas e amores, heroes e viláns, escrita cun ritmo trepidenate, capaz de levar ao lector dacabalo sen presa, mais sen pausa, sen nunca chegar a afogalo”. “Mais tamén unha novela curta, concisa e conceptual, caracterizada pola economía de recursos, onde non sobra nin falta nada,” “A cacería narra o proceso de iniciación de Zairo, o neno co que comeza a historia, o home coa que remata esta narración ambientada nun tempo e un espazo mítico”. Pola súa banda o autor confesou que “o máis verídico da novela é o escenario, as montañas da Barbanza e as do Pireneo aragonés”, “a novela foi escrita en galego no Pireneo, sendo unha mestura da montaña galega e das penalidades que vivín a tres mil metros”. “A cacería é unha historia guerreira e de amores na que pretendín levar aos lectores onde non pensan.”
Poema de hoxe 94: «Gran mal me faz agora ‘l rei» de Fernán Paez de Talamancos/en Autores, Onte, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Gran mal me faz agora ‘l rei,
que sempre servi e amei,
porque me parte [d’]u eu ei
prazer e sabor de guarir.
Fernan Paez de Talamancos, «Gran Mal me faz agora ‘l rei» (finais do século XII)
Poema de hoxe 93: «Poemaaaa» de Lucía Aldao/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
o teu corazón está tocando a miña canción preferida
Lucía Aldao, Poem(aaaaa)s, (RDL, 2008)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Resiliencia celtista24 de Xaneiro de 2026 - 7:35 a.m.
Trump e o día escolar pola paz20 de Xaneiro de 2026 - 8:39 a.m.
Manicura celeste19 de Xaneiro de 2026 - 7:24 a.m.
50 anos do movemento veciñal vigués13 de Xaneiro de 2026 - 10:42 a.m.
O Vigo de Otero Pedrayo6 de Xaneiro de 2026 - 9:54 a.m.














