Proxecto-Edición, A Feira
/en Artes Visuais, Eventos, Exposicións/por bretemasA Feira do Proxecto-Edición é unha moi boa iniciativa á que, despois da celebración da súa primeira edición esta fin de semana, aínda lle queda moito treito para consolidarse como cita de encontro da edición artística e alternativa e do mundo do deseño. Na miña visita comprobei que o mellor son os contidos expositivos, sexa polo interrogador e o orixinal dalgunhas propostas da chamada edición “alternativa” como pola calidade dalgunhas publicacións, especialmente Entre-cruzar, a publicación da feira. Porén, o máis decepcionante foi a abraiante falta de público na Feira (apenas uns centos de persoas cando eu estiven), quizais provocada por unha deficiente política de comunicación dos organizadores e, seguramente máis, pola inercia dos nosos medios de comunicación para alertar sobre estas iniciativas.
A mesa redonda na que participei o domingo sobre a distribución da edición comercial foi para min, tamén, un chisco incómoda na medida en que alí se volveron a repetir moitos prexuízos sobre o estado actual da edición. Non acredito na diferenza entre editores independentes (supostamente libres) e comerciais (supostamente amordazados) na medida que todos dependemos da recepción dos nosos produtos por parte dos lectores. Outra volta, seméllame máis operativa a diferenciación que Giulio Einaudi, como sinalou moi acertademente Víctor F. Freixanes, estableceu entre editores de cultura e editores de mercado.
Compracerse na diletancia dunha suposta edición independente, á que nada lle importan os resultados comerciais dos seus produtos e a súa visibilidade no mercado global, é, para min, xa moi pouco defendible. Aproveitarse das posibilidades da nova textualidade electrónica ou dos mecanismos da impresión baixo demanda son camiños que tanto os chamados editores independentes (ou “alternativos”, como a eles gusta denominarse) como os editores tradicionais debemos saber explorar para promover unha edición cultural.
Agardo que en vindeiras edicións esta Feira, moi ben arranxada nos seus aspectos técnicos, colla maior pulo entre o público interesado no mundo do deseño, da arte, das publicacións periódicas e, en xeral, no mundo do libro. Para os editores galegos foi unha boa proba de cara á preparación do do Culturgal no mesmo recinto e que pretendemos celebrar no mes de maio de 2007.
Proxecto-Edición
/en Artes Visuais, Eventos/por bretemas
Nese novo contexto, que está comezando a dar os seus primeiros froitos, esta fin de semana celebrarase en Pontevedra a Feira-Encontro do Proxecto-Edición na que se procuran novos vieiros para a edición artística e creativa en todos os soportes. Alí estaremos participando nunha das mesas redondas e gozando deste aire renovado, tan necesario, que se nos propón.
Menchu Lamas: sombras no labirinto
/en Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Exposicións/por bretemasNo artigo da semana falo da exposición de Menchu Lamas no CGAC (é incrible que o noso primeiro centro de arte contemporánea teña pechado o seu espazo web). Recomendo tamén o magnífico catálogo (mágoa que tampouco poida atoparse referencia na rede).
A pegada de Man
/en Artes Visuais, Novidades, Xerais/por bretemas A obra artística de Manfred Gnädinger, Man, tamén chamado “alemán de Camelle”, conta co seu primeiro estudo rigoroso grazas á publicación do libro (chegou onte mesmo do prelo) de Xoán Abeleira.
Nacido en Radolfzell, unha vila próxima a Friburgo, o 27 de xaneiro de 1936, este artista eremita instalouse en Camelle en 1961 desenvolvendo, dende entón, alí toda a súa vida, que cobrou trazas de auténtica lenda, e que finalizou de forma tráxica o 28 de decembro de 2002, apenas un mes despois de que o chapapote do Prestige asolagase a costa galega e estragase o conxunto das obras (esculturas e pinturas preparadas, a maior parte delas cos materiais naturais e de refugallo que deitaba o mar) do seu singular Museo.
A pegada de Man recolle case un centenar de fotografías a cor das obras do Museo de Man, intercalando textos críticos nos que se aborda a súa análise e o contexto artístico no que se inscriben. Inclúe, ao xeito de limiar, un primeiro achegamento biográfico sobre unha figura humana e artística, que se pretende reivindicar e homenaxear, reclamando a urxencia de recuperar e poñer en valor o legado do seu museo (algo terá que dicir sobre esta cuestión a actual Consellaría de Cultura). Agardamos que a publicación deste libro (que intentamos fose fermoso e de edición coidada, empregando un formato horizontal ao xeito dos albums fotográficos) constitúa un exercicio de memoria axudando, polo menos, a recuperar a dignidade roubada a este artista que morreu da tristeza provocada polas ondadas do chapapote.
A menina ponteareana de Velázquez
/en Artes Visuais, Historia/por bretemas
Menchu no CGAC
/en Artes Visuais, Exposicións/por bretemas
Os oitentas de Virxilio
/en Artes Visuais, Eventos, Exposicións/por bretemasXa me tarda en poder visitar a exposición antolóxica de Virxilio, inaugurada esta tarde en Compostela. O xenio do Cumial é un dos meus pintores preferidos, sexa polas formas sinuosas das súas mulleres campesiñas e emigrantes, for polas súas paisaxes elementais ou pola potente caligrafía que inmortalizou nas capitulares da Enciclopedia Gallega.
Estes douscentos cadros é unha retrospectiva ben importante. Alí acudiremos.
Metáforas visuais
/en Artes Visuais/por bretemas
Urbanitas
/en Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Exposicións/por bretemas
Sobre a exposición hai unha magnífica reportaxe en culturagalega, incluíndo un completo backstage fotográfico sobre a montaxe e produción dalgunha das obras.
Paga a pena coñecer tanto as obras na rede como vivilas no museo.
A foto é de Xosé Manuel Lens.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Males de altura2 de Abril de 2025 - 10:13 a.m.
- Herdanza de Docampo2 de Abril de 2025 - 10:07 a.m.
- Ilumina de azul1 de Abril de 2025 - 5:18 p.m.
- Isaac editor27 de Marzo de 2025 - 9:44 a.m.
- Aeroporto de Budiño25 de Marzo de 2025 - 9:35 p.m.