![](http://photos1.blogger.com/blogger/2130/744/400/tarxetaok.jpg)
No clima creativo da nosa política cultura pública, un chisco anémico e rutineiro, agradécese moito a aparición de iniciativas como o
Proxecto-Edición. Os nosos tres primeiros centros públicos de arte contemporánea (
CGAC,
Marco e
Fundación Luís Seoane) uniron esforzos para remoer moitas inercias e facer agromar mudanzas e transformacións arredor dos
modelos expositivos e das
novas canles de distribución da creación cultural.
Nese novo contexto, que está comezando a dar os seus
primeiros froitos, esta fin de semana celebrarase en Pontevedra a
Feira-Encontro do Proxecto-Edición na que se procuran novos vieiros para a edición artística e creativa en todos os soportes. Alí estaremos participando nunha das mesas redondas e gozando deste aire renovado, tan necesario, que se nos propón.
a cultura demasiado institucionalizada, acabará por morrer afogada.
Ollo ás postais de Virxinia Polke(alias de…) no CGAC. Sutil dinamita tanto nas imaxes como nos textos.