Entradas por bretemas

Identidades de dominio público

Compromisos profesionais impedíronme asistir á totalidade da xornada do encontro blogueiro. Por fin, coñecín a Ascárida que moderou modelicamente a nosa mesa, tanto polo control dos tempos como polo atinado das presentacións.Foi magnífica e moi clarificadora sesión de Juan sobre xornalismo electrónico. A súa definición dos blogs como identidades de dominio público pareceume que sinala […]

Bernabé en Compostela

Ao fío do anuncio do Enblogs 06 paréceme moi lúcida a análise que publica hoxe Jaureguizar (por certo, é moi boa a primicia que publica hoxe no seu cabaret). Non hai posibilidade de editar un Bernabé colectivo galego? Alguén se apunta? Etiquetas: Blogs, Galicia

Enblogs´06

Mañá participarei no Enblogs’06 nunha mesa de experiencias, moderada por Ascárida, xunto con Monica André, Miguel Vila, Isaac Cordal, onde abordaremos a diversidade de historias que se recollen nos blogs. Para animar o debate os organizadores pedíronme que contestase este cuestionario: –Que che aportou o fenómeno blog?–Abrín brétemas os primeiros días do ano 2005, aínda […]

Libreiros e préstamo

Despois de oito meses o conflito suscitado pola modalidade de préstamo do libro de texto segue aberto. Hoxe a Federación de Libreiros presentou un informe no que reitera os seus argumentos a prol dun modelo que asegure unha gratuidade dos textos máis redistributiva socialmente e respectuosa coa canle de valor do libro.Mañá haberá unha nova […]

Un amour sans résistance

Creo que unha das responsabilidades do editor literario é ir construíndo un catálogo de autores. Esta é hoxe unha tarefa difícil que asumiu Salamandra na súa colección Narrativa, onde, ademais da publicación continuada dos títulos dos exitosos Camilleri ou Marai, sempre aparecen autores novos para satisfacer a lectores curiosos. Velaí un criterio da calidade do […]

O control da palabra

Hai case un mes anunciabamos a publicación da edición española do novo libro de André Schiffrin. Non é nova a miña devoción polos libros sobre libros. Hoxe lin con auténtica paixón o último ensaio deste veterano editor no que analiza con lucidez os fenómenos da concentración de editoriais e medios de comunicación que tiveron lugar […]

Viva a República!

Esta mañá asistimos aos actos do setenta e cinco aniversario da Segunda República. Preparei o artigo do domingo sobre a cuestión, recalcando a revolución educativa republicana que sempre tanto admirei. Durante a concentración comentei con varios amigos as razóns do escaso entusiasmo polo espírito republicano dos actuais dirixentes nacionalistas (só vin alí a un ex-concelleiro). […]