Viva a República!

Esta mañá asistimos aos actos do setenta e cinco aniversario da Segunda República. Preparei o artigo do domingo sobre a cuestión, recalcando a revolución educativa republicana que sempre tanto admirei. Durante a concentración comentei con varios amigos as razóns do escaso entusiasmo polo espírito republicano dos actuais dirixentes nacionalistas (só vin alí a un ex-concelleiro). Que sería deles se Castelao ou Bóveda erguesen a cabeza?

Etiquetas: ,
3 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non sabe Vosté a que se montou cando na retirada da estatua do cabalo en Ferrol un militante nacionalista se lle ocorreu aparecer cunha bandeiriña da República.

    P.D.: Por certo, hai unhas semanas que aquel mesmo militante foi proposto para a expulsión.

  2. SZ
    SZ Dice:

    Creo que os actos son inescusables, pero recordo que algunha vez lle dixen a Carlos que a praxe pasa por unha mellor concienciación da sociedade, facendo fincapé nas partes comúns de todos aqueles grupos que se apelidan republicanos, pero que non parecen tomar conciencia desa educación que a túa mentas e tan importante foi.

    ¡Saúde e Republica!

Los comentarios están desactivados.