Plog
Vía Txetxu, Bibliómano e Casi Seguro descubro o fenómeno plog: un blog pra escritores, unha fórmula de Amazon que permite aos autores bloguear sobre os seus libros e responder aos comentarios dos lectores. Etiquetas: Plog
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6819 entries already.
No Máster de Edición falamos moito de publicidade e cartelería, Mágoa que daquela non coñecésemos este espazo onde se recollen os mellores traballos de cartelaría de Cannes 2006. A análise dalgunhas destas pezas daría para un bo debate. Etiquetas: Publicidade
Libraría: espazo comercial para o fomento da lectura. Etiquetas: Librarías, Lectura
No blog do libreiro venezolano Roger Michelena atópanse imaxes ben fermosas sobre o mundo do libro, a lectura e a tipografía. Eis algunhas das máis recentes. Etiquetas: Libro, Imaxes
No artigo da semana critico o “programa” de concertos das festas de Vigo. Unha tristeza máis provocada pola anemia política da cidade revolcada. Etiquetas: Vigo, Artigos
A revista electrónica Dosdoce.com publica un traballo de Javier Celaya sobre o papel dos blogs no fomento da lectura e a súa aplicación educativa. O estado da cuestión e as experiencias máis salientables. Moi recomendable. Etiquetas: Blogs, Lectura, Educación
Vía Libreros atopo este interesante artigo sobre o inicio do proceso lector. A afirmación máis rotunda do texto é que “os oito meses de vida é o momento no que cómpre iniciar ao bebé na familiarización do libro como obxecto”. Semella que nesta idade, cando o neno ou a nena xa pode sentar e coller […]
No día que rematamos o módulo de promoción do Máster, coñecemos este interesante traballo sobre a comunicación na promoción do libro en España. Outrosí sucede (via Extratexto) coa iniciativa dos editores e libreiros británicos de establecer (como acontece no cinema) un día a semana (xoves) para o lanzamento das novidades. Ideas moi interesantes para estudar. […]
Comparto a opinión de Jaureguizar: a remuda de Xavier Senín é outra mala noticia para o sector do libro en Galicia. É inevitable a sensación de decepción, que compartimos moitos editores, bibliotecarios ou libreiros galegos, cando comprobamos como se prescinde dun técnico da súa enorme valía e experiencia, por riba nun momento decisivo para situar […]
Hoxe rematamos o módulo de “Promoción editorial e edición en Galicia” que levamos impartindo no Máster de Edición. Como xa sucedera o pasado ano, esta experiencia docente obrigounos a sistematizar e reflexionar sobre o traballo cotián e sobre a nosa propia concepción da edición cultural. Como remate das nove sesións, traballaremos na aula de informática […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
