Acerca de bretemas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6796 entries already.
Entradas por bretemas
Viva a memoria
/en Críticas, Narrativa/por bretemasCo inicio da tempada literaria van aparecendo as agardadas críticas da novela de Rivas. Despois da moi gabanciosa de Xosé Manuel Eyré (mágoa que o seu semanario non a recolla na edición electrónica), hoxe Manuel Rodríguez Alonso publica a súa en Cartafol de libros. Deste texto, quédome coa derradeira frase: “Estamos ante unha gran novela, […]
Campo de Fragoso XXIII
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasPINTAN BASTOSDesde a tempada do descenso non asistiamos en Balaídos a un partido máis nefasto e deplorable do Celta. Abondoulle ao Osasuna posicionarse con disciplina sobre o terreo para noquear en senllos contragolpes a un equipo que saíu fachendeando do xogo preciosista de ataque e da defensa abrumadoramente segura que exhibira en Liexa. Os de […]
Sen coches
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cidades/por bretemasNo artigo da semana comento o que entendo é o sentido da celebración da xornada “Día europeo sen coches” (22 de setembro). Etiquetas: Artigos, Sostibilidade, Bruxelas
Enrique X. Macías. III. Catálogo de obras
/en Música/por bretemas(Enrique X. Macías e Mark Foster, 1994) Enrique X. Macías preocupábase pola actualización constante do seu catálogo de obras. Eis o texto da versión, que lle axudei a preparar no meu primeiro mac (un LC) con motivo do programa de Itinerario de luz, a súa derradeira estrea (1995): Foglio I (1981) (3′). Clavicémbalo. Vigo, xaneiro […]
Enrique X. Macías: II. Achegamento a un currículum artístico
/en Música/por bretemasEnrique X. Macías naceu en Vigo en 1958 e faleceu na mesma cidade en novembro de 1995, con apenas 37 anos. De formación musical autodidacta, participou de 1980 a 1984 nos cursos de verán de Darmstadt, cunha bolsa do Instituto para a Nova Música desta cidade alemá. Foi compositor residente nos estudos de música electrónica […]
Enrique X. Macías: I. Itinerario de luz
/en Música/por bretemasJe ne confonds pas la solitude avec la lyre du désert.Le nuage cette nuit qui cerne ton oreille n’est pas de neige endormante, mais d’enbruns enlevés au printemps.René Char Onte recibín o programa impreso de Música Viva 2006, a décimo segunda edición do festival de Música Contemporánea de Lisboa, a celebrar dende finais de setembro […]
Teresa Moure en "Gara"
/en Autores, Narrativa/por bretemasGara publica unha entrevista con Teresa Moure con motivo do acto de presentación en Bilbao da edición en castelán de Herba moura. As edicións de Lumen en español (da que sabemos xa se está preparando unha segunda edición) e La Campana en catalán están tendo moi boa acollida. Esta vindeira semana, Teresa (que xa rematou […]
Premio Tökland
/en Imaxes, Lectura/por bretemasVelaí a fotografía de Vítor Ribeiro gañadora do Premio Tókland de fomento da lectura. Etiquetas: Tökland, Lectura
A pegada de Man
/en Artes Visuais, Novidades, Xerais/por bretemasA obra artística de Manfred Gnädinger, Man, tamén chamado “alemán de Camelle”, conta co seu primeiro estudo rigoroso grazas á publicación do libro (chegou onte mesmo do prelo) de Xoán Abeleira.Nacido en Radolfzell, unha vila próxima a Friburgo, o 27 de xaneiro de 1936, este artista eremita instalouse en Camelle en 1961 desenvolvendo, dende entón, […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
50 anos do movemento veciñal vigués13 de Xaneiro de 2026 - 10:42 a.m.
O Vigo de Otero Pedrayo6 de Xaneiro de 2026 - 9:54 a.m.
Aguinaldo4 de Xaneiro de 2026 - 3:06 p.m.
Contafíos31 de Decembro de 2025 - 5:53 a.m.
Vigo en tres paisaxes30 de Decembro de 2025 - 7:02 a.m.
