Non ao canon bibliotecario
No artigo da semana defendo, ao fío do ditame da nova Lei de Lectura, o non ao canon bibliotecario. Este vídeo paréceme un bo resumo divulgativo do problema. Etiquetas: Artigos, Canon_bibliotecas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6807 entries already.
No artigo da semana defendo, ao fío do ditame da nova Lei de Lectura, o non ao canon bibliotecario. Este vídeo paréceme un bo resumo divulgativo do problema. Etiquetas: Artigos, Canon_bibliotecas
Por agardada que fose, a nova petounos moi fondo. Esta mañá morreu o noso benquerido amigo o editor Carlos Díaz Martínez. Editor de estirpe, documentalista da nación, Carlos foi un mestre de humanidade xenerosa a quen non sabemos agradecer todo e tanto que nos ensinou.Editor emigrante, ocupouse da edición príncipe de Cemiterio privado de Celso […]
Onte á noite douscentos militantes, que conformaban a asemblea do BNG de Vigo, aprobaron por ampla maioría esixir definitivamente ao Consello Comarcal a expulsión de Pedro González-Valadés polo feito de ser membro da Asociación Galega de Amizade con Israel. Aínda que o caso non está pechado, xa que o Consello Comarcal deberá decidir en consecuencia […]
Unha iniciativa do Instituto de Meteorologia de Portugal. Quen teña curiosidade pode fedellar nesta páxina moi completa, sobre todo, desde o punto de vista educativo.Vía: Una cuestión personal.
Gustei moito deste cartel.
Etiquetas: Enrique_Líster
Eis o texto en galego do Cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2007 que reseñamos aquí hai unha semanas. Pode lerse e imprimirse premendo sobre a imaxe. Etiquetas: International_Children’s_Book_Day
O noso admirado David Rodríguez resultou gañador absoluto da Iª edición do premio de teatro radiofónico convocado pola Radio Galega pola súa obra O bambám. A obra de David resultou vencedora tanto para a audiencia como para o xurado que destacou, segundo a noticia publicada por Vieiros, “a limpeza e a claridade expresiva da obra […]
Xelís de Toro, un dos nosos narradores máis orixinais, mantén dous espazos na rede que reomendo non perder: o SEN (Sindicato do Escritor Nervioso) e o espazo laboratoro. Alí poden lerse artigos, contos e textos inéditos, poemas para nenos e cinco poemas sonoros. Xelís traballa dende hai anos en Inglaterra como editor free lance internacional, […]
Pareceume moi bo. (seis minutos). Vía: Empezar la jornada

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
