Moda violeta

Esta interesante entrevista coa profesora Helena González dá moito que pensar sobre as categorías que a crítica académica emprega para analizar o mundo editorial galego. Existe unha “moda violeta” xestionada por quen controla a nosa edición?

Etiquetas:
6 comentarios
  1. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Eu non teño por que dubidar das opinións dunha experta na materia violeta. Pero creo que a pertenencia a un grupo académico determinado (cunha terminoloxía ademáis ad hoc: visibilizar, identitario, totalizador) tamén contribúe a pensar e a construir un discurso violeta específico. A presencia de nomes senlleiros coma os de Teté Moure ou Loli Vilavedra ou de Inma López Silva que camiñan entre a creación e a análise literaria pode producir distorsións na percepción dun estado de cousas. Eu preferiría ter diante unha ollada un pouco máis imparcial ou menos implicada no persoal. Un pouco. Non sei mesmo se feminismos máis fondos (queery, por exemplo) poderían acreditar estas teses, quizáis tamén excesivamente simplificadas nesta densa entrevista de Lara Rozados que requeriría maior detalle.

  2. Cesare
    Cesare Dice:

    Feminismos máis fondos?? queery?? Prezado arume, non o entendo non.

    E vostede brétemas, que pensa da súa retórica pregunta? os amos da edición crearon unha moda violeta? ou creárona os medios? ou creouna o público?

  3. ARUME DOS PIÑEIROS
    ARUME DOS PIÑEIROS Dice:

    Ten razón, amigo Cesare. Puxen radicais nun principio, pero tampouco gustaba moito do termo. Empreguei un demasiado ambiguo. Quero dicir que desde perspectivas lesbianas ao mellor esa percepción/sensación non sexa a mesma. Non o sei. Frankly, Mr Shankly.

  4. Mario
    Mario Dice:

    Pois eu non podo estar máis de acordo co que di Helena, aínda que creo que a “moda violeta” é un titular demasiado vistoso que nos aparta dos datos máis importantes: a construción dunha alteridade exotizante, e a confusión de literatura de muller/literatura feminista. Neste último sentido paréceme especialmente grave o estado real de determinados feminismos autoproclamados, demasiado cinxidos á unha etiqueta cool pero sen nocións teóricas nen reflexos actuacionais. Tamén hai outros que parecen falarnos dende unha distancia de hai máis dun século.
    Queers? Sempre. Pero non podemos calificar de “feminismo auténtico” só as posturas lésbicas, senón que hai que atinxir unha perspectiva alter-sexual ou contra-sexual (o movemento queer camiña cara a ela, eu creo que camiñou sempre), onde caben non só esas posturas, senón toda a miríada de posibilidades de estar no mundo como algo distinto do falocentrismo, ou do varón heterosexual. E aí tamén entramos os homes.

  5. Brétemas
    Brétemas Dice:

    A aparición de narradoras con boa acollida por parte do lectorado galego, como Aneiros, Moure ou Reimóndez, entendo que non abonda para falar da existencia dunha moda violeta na literatura galega. Que estas autoras sexan traducidas a outras linguas, ademais de recoñecer o seu talento e a excelencia dos seus textos, é un síntoma esperanzador da maior visibilidade do conxunto da nosa literatura. Con respecto á segunda cuestión do vistoso titular da entrevista, non acredito nas teorías do control da edición en galego; o funcionamento do noso campo literario é moito máis complexo, actuando moi diversos axentes.

Los comentarios están desactivados.