Entradas por bretemas

Entrevista a Agustín Fernández Paz

Jaureguízar entrevista a Agustín Fernández Paz con motivo da publicación d’ O único que queda é o amor. Unha conversa literaria que recomendo non perder (tanto como a lectura deste libro de relatos de grande madurez narrativa, para min á altura de títulos como os de Ferrín, Rivas ou Navaza). Etiquetas: Agustín_Fernández_Paz

Cita na Habana

Ten razón Xosé de Casanova. É incomprensible que no primeiro adianto oficial da relación de autores e autoras para representar a edición e a literatura galega na Feira do libro da Habana 2008 non apareza, por agora, o nome de Fran Jaraba, o autor de cómic galego que con moita diferenza máis se ten ocupado […]

Heriberto Bens

Onte reapareceu en Faro de Vigo a asinatura de Heriberto Bens, que enviou dende o Hospital Psiquiátrico de Charenton unha carta á sección “No fondo dos espellos” de Ferrín participando no debate sobre a identidade da nai de Rosalía de Castro.Transcribo o texto da carta pola súa importancia para a nosa historia literaria. “Escríbote para […]

"Cardume", a memoria resistente da literatura

As dúas presentacións de Cardume constataron a importancia do debut de Rexina Vega como narradora, ao tempo que constituíron senllos actos cívicos de homenaxe á memoria resistente da literatura e da figura de Urbano R. Moledo.En Compostela, Suso de Toro comezou a súa presentación sinalando que “é sorprendente que aparecese unha primeira novela tan ben […]

Urbano R. Moledo

No artigo da semana fago unha semblanza da figura de Urbano R. Moledo, o dramaturgo galeguista de ideas socialistas que protagoniza Cardume, a novela de Rexina Vega. Tamén recupero do esquecemento os nomes doutras doce persoas que, coma el foron, fusiladas o 10 de decembro de 1936 no castelo do monte do Castro. A literatura […]

Celta: Tempada 92-93

Curtametraxe de Alejandro Marzoa [9 minutos]. Con Miguel de Lira e Carlos Blanco. Indispensable para persoas de corazón celeste. Case rompo a chorar. Beizóns para celestes.org por ter artellado semellante espazo de vídeos. Etiquetas: Celta_Vigo

A tribuna de Borrazás

Tras a arroutada da pasada semana, é moi recomendable a lectura da sereno resposta de Xurxo Borrazás. Así comeza: “Certo. Os escritores e escritoras nunca temos a razón. Falo por min, que ninguén se ofenda. Somos egoistas, resentidos, perrenchudos, vaidosos e desagradecidos coa man que nos dá de comer. É por iso, intúo, que os […]

"Cardume", presentacións

Hoxe en Santiago e mañá en Vigo presentaremos Cardume, a novela de Rexina Vega gañadora do Premio Xerais 2007. O acto de mañá no Marco, será tamén unha homenaxe á figura de Urbano R. Moledo, o escritor galego fusilado, xunto a outras doce persoas, no monte do Castro o 1o de decembro de 1936, a […]

"La Mar de Letras", premio libraría cultural 2007

Onte participei no xurado do IXº premio Libraría Cultural, organizado por CEGAL. A experiencia foi moi bonita. Entre novas propostas, todas elas moi interesantes, e despois de estudar as sús correspondentes memorias, escollemos (case por unanimidade) o proxecto presentado por “La Mar de Letras“, unha libraría especializada en promoción da lectura e fondo infantil e […]

Oficina do Libro Galego

A exportación de textos literarios (especialmente narrativos) é unha das maiores preocupacións actuais do debate cultural galego. Para animar un debate máis sereno e construtivo ofrezo as seguintes reflexións e propostas:–“A literatura galega é perfectamente invisible fóra de Galicia”. Concordo plenamente con esta afirmación de Xosé Luís Méndez Ferrín, a pesar de que ao longo […]