Entradas por bretemas

"Festina lente"

Hoxe recibimos está novela de Marcos S. Calveiro. Intúo que vai dar moito, moito que falar. Só anticipo que estamos diante dunha marabilla. É un grande orgullo que forme parte do noso catálogo. Beizóns Folerpa!Sinto que os impacientes teñan que agardar ata a vindeira semana, na que chegará ás librarías.

Os concertos de Enrique X. Macías

Por fin soubemos da celebración dos concertos en homenaxe a Enrique X. Macías con motivo do 50 aniversario do seu nacemento. Celebraranse o xoves na Coruña no Teatro Rosalía de Castro, o venres en Santiago no Salón Teatro e o domingo en Vigo nas instalacións de Marco. Os tres concertos comezarán ás 20:30 horas. Os […]

Morreu o libro electrónico?

Interesantísima esta anotación de Joaquín Rodríguez sobre as dificultades de viabilidade do libro electrónico. Semella cada vez máis certo que fóra dun debate entre apocalípticos e integrados, son reais as dificultades para atopar un lector electrónico portable máis amigable que os actuais libros analóxicos. Isto non quere dicir, porén, que o proceso de dixitalización de […]

Campo do Fragoso LXI

50 PUNTOSAlejandro Menéndez, o cuarto adestrador desta tempada, conseguiu no seu primeiro encontro endereitar a deriva na que caera o Celta tras tres derrotas consecutivas. Acadar os 50 puntos, que deberían afastarnos de todos os perigos e fantasmas, é unha boa noticia para os seareiros celestes; mais a recuperación dunha certa disciplina táctica, dunha descoñecida […]

Xosé María Álvarez Blázquez, os actos de Vigo

Onte asistín aos actos en homenaxe de Xosé María Álvarez Blázquez organizados en Vigo pola Real Academia Galega.O acto institucional, celebrado no auditorio do concello, foi literariamente moi brillante, aínda que coa presenza de menos público do agardado (apenas un centenar de persoas, o que amosa un certo desleixo na realización da convocatoria e un […]

Hai barco

No artigo da semana, ao fío da presenza a pasada semana na Laxe de enormes trasatlánticos, reflexiono sobre a importancia do porto vigués e da necesidade de chegar a un pacto estratéxico sobre o seu futuro.

O oso de Martín Curty

Onte a estatua do poeta Manuel Curros Enríquez foi reubicada de novo na Alameda viguesa (é certo que non exactamente no seu emprazamento orixinal) o que constitúe un acto de xustiza poética que celebramos. Porén, os lectores de Faro almorzamos cun artigo do arquitecto Martín Curty. Literariamente o texto, a pesar da súa pretendida ironía, […]

XMAB, unha sombra polas eiras

Precioso o suplemento da Revista das Letras dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez e ilustrado pola súa filla Berta Cáccamo. Alí publicamos unha nosa contribución titulada “O Vigo de XMAB”.

Poesía contra a ignorancia

Hoxe, 17 de maio de 2008, data na que homenaxeamos a don Xosé María Álvarez Blázquez, poeta resistente e editor popular galego do Moucho, continuando a iniciativa dos Blogues pola lingua, reproducimos o poema “Deitado fronte ó mar”, de Longa noite de pedra do seu amigo o poeta Celso Emilio Ferreiro. Lingua proletaria do meu […]

A voz de don Xosé María

Mañá celebraremos as palabras de don Xosé María. Un documento sonoro valioso. A gravación deste poema de Roseira do teu mencer é de 1968, realizada por Radio Nacional. Beizóns á Biblioteca do Porriño e a Vieiros polo magnífico espazo electrónico sobre XMAB (moi recomendable como recurso didáctico).