Decálogo do galego
A presentación que fixemos d’ Os Grouchos de Manolo Rivas en Santa Comba tivo dúas versións do Decálogo do galego. Aínda botamos unhas risas. Beizóns, Pawley.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6807 entries already.
A presentación que fixemos d’ Os Grouchos de Manolo Rivas en Santa Comba tivo dúas versións do Decálogo do galego. Aínda botamos unhas risas. Beizóns, Pawley.
A Federación de Libreiros de Galicia elixiu nova xunta directiva. Durante os vindeiros catros a federación será presidida por Xurxo Patiño, o noso bo amigo e responsable da Libraría Librouro de Vigo. Xaime Corral, brillante presidente durante case unha década, continúa na directiva como tesoureiro. Non hai dúbida que este novo equipo de libreiros galegos […]
Pasáraseme esta curta, gañadora do Iº Certame de curtas na rede, que publicamos en Xerais blog de lingua.
No artigo da semana presento a exposición de Fino Lorenzo aberta na viguesa Casa das Artes.
Onte acompañamos a Marcos Calveiro na primeira presentación de Festina lente, realizada no obradoiro de encadernación da Libraría Couceiro compostelana. Hoxe aparecen catro entrevistas nos medios nas que Marcos salienta o valor dos libros como poderosas armas de coñecemento contra a intolerancia e o carácter da novela como fresco histórico da Compostela dacabalo dos séculos […]
Esta é unha das experiencias máis bonitas e máis orixinais que coñezo de fomento da lectura entre os pequenos. Concibir a biblioteca como fogar das palabras e dos libros, considerala como espazo para compartir a vida e os libros, ubicala como eixo da vida cultural dunha comunidade é unha aposta preciosa de Espazo Lectura. Unha […]
Hoxe rdl publica un monográfico sobre o meu benquerido amigo e profesor Herminio Barreiro. Unha longa entrevista con Herminio e dous textos de Lupe Gómez, Narciso de Gabriel conforman estas oito páxinas que non podemos máis que recomendar. Hoxe ás 20:00 horas presentaremos na Libraría Sargadelos de Santiago Recordar doe, o formidable libro memorialístico de […]
Esta anotación fai o número 2000 das publicadas nestas brétemas. Hai menos de dous anos, cando acadamos as 1000, reflexionabamos sobre o sentido do blog, nacido hai case catro anos, coa inxenua intención de explorar as posibilidades da textualidade electrónica proporcionada polos blogs. Ao longo deste tempo produciuse o estourido do fenómeno dos blogs (afortunadamente, […]
A aprobación polo Parlamento Europeo, por práctica unanimidade, da chamada directiva da vergonza, contando co vergonzoso apoio do goberno Zapatero (vaia comezo de segunda lexislatura que leva!) e do grupo socialista europeo, amosa que os eurócratas (os posuidores da marca “Europa”) teñen medo a enfrontarse aos ultraconservadores populistas europeos (Berlusconi, Sarkozy e compañía) e escasa […]
A piques de de rematar as clases a vindeira semana e de iniciar os trámites da matrícula para o vindeiro curso, aínda non apareceu publicado no DOG o currículum do novo Bacharelato LOE. Fedello cada día no portal educativo da Consellaría co desexo de atopar a nova da aparición deste documento fundamental para artellar o […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
