Entradas por bretemas

Onte 933: Con Ana Miranda

Gustei moito de escoitar a Ana Miranda, a candidata do BNG nas eleccións ao Parlamento Europeo, na súa intervención no Fórum Europa de Vigo. Na presentación que dela fixo Camilo Nogueira salientou aspectos esenciais como os seus quince anos de experiencia parlamentaria en Bruxelas, a súa capacidade para expresarse nunha manchea de linguas, como a súa […]

Onte 932: Día do libro infantil e xuvenil 2014

Celebramos onte un novo Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha das datas de referencia do noso calendario do libro e da lectura. Nesta edición resulta significativo, como salientou Francisco Castro, presidente de Gálix, a boa saúde en Galicia deste subsector da edición, sendo maior o seu peso na nosa comunidade (13 % da […]

Onte 931: Naufraxio no mar de Vigo

Coas axudas á navegación actuais resulta inexplicable a colisión que onte se produciu entre dous barcos na entrada da ría de Vigo. O xigante Baltic Breeze, un cargueiro dedicado ao transporte de automóbiles, entraba na ría arredor das catro da madrugada, mentres o arrastreiro Mar de Marín a abandonaba, despois de ter realizado unha descarga […]

Onte 930: A inxerencia de Rouco

Tras perder a presidencia da Conferencia Episcopal, Rouco non desaproveitou unha das súas derradeiras oportunidades de gloria e convertiuse na estrela mediática do funeral de estado en honra de Adolfo Suárez. Fíxoo como a el sempre lle prestou, expresando nunha patética homilía as súas posicións políticas de extrema dereita. Nunha inadmisible inxerencia política, diante de […]