Entradas por bretemas

Campo do Fragoso CLXXIII

RECUPERAR A ILUSIÓN Tiven a sensación de que onte o Celta xogou fronte ao Sevilla dous partidos moi distintos. Durante os primeiros corenta e cinco minutos, a severa derrota de Copa afectou ao xogo dos discípulos de Berizzo, un equipo medroso e encollido até a melancolía, moito máis pendente de non cometer erros defensivos fatais […]

Poema de hoxe 39: Manuel Forcadela

Así que os que chorades a espranza conservade. Mañá ha de florir o día que hoxe nega O tempo e a súa rede de feitos e avatares. Manuel Forcadela, Refutación da musa (Espiral Maior, 2001)

Onte 1575: O Goya de Coira

O Goya para Jorge Coira como mellor montaxe polo seu traballo en El desconocido é un premio valioso para esta película producida por Vaca films, a primeira dirixida por Dani de la Torre, que tamén recibiu un segundo polo mellor son. Xaora, é un recoñecemento para o traballo de Jorge Coira, un soñador do cine galego durante as dúas […]

Poema de hoxe 38: «Nós nus» de Olga Novo

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas Olga Novo, Nós nus (Xerais, 1997)

Onte 1574: Ameixeiras na fnac

Acompañei a Diego Ameixeiras á FNAC da Coruña para presentar A noite enriba. Foi unha fortuna contar coa participación de Xosé Manuel Pereiro, que trouxo a primicia do número 26 da revista Luzes, un excelente monográfico sobre a cultura e medios en Galicia recén saído do prelo. Antes de iniciar a conversa co autor, Pereiro confesou que […]

Poema de hoxe 37: Eusebio Lorenzo Baleirón

O recordo é unha sucesión de instantes marxinais dispersos Eusebio Lorenzo Baleirón, Poesía reunida (1981-1986)

Onte 1573: Rivas no Ateneo de Pontevedra

Manuel Rivas deu a benvida ao máis do cento de persoas participantes onte na presentación no Ateneo de Pontevedra d’ O último día de Terranova lendo «A perpetuidade da aldraxe perfecta», o manifesto que publicará nos próximos días no número 26 da revista Luzes. O que Rivas denominou «a aldraxe perfecta» e «a aldraxe das aldraxes», a extensión […]

Poema de hoxe 36: Luz Pozo Garza

e digo estas palabras no límite: non hai adolescentes que nos salven Luz Pozo Garza, Homenaxe a José Ángel Valente (2001)

Onte 1572: San Brais

Sorprende o pulo do San Brais de Bembrive, a festa coa que comeza o ciclo de romaxes viguesas. Como non deixa de abraiarme a importancia que lle conceden os políticos vigueses a esta celebración do Vigo popular con raíces fondas na cultura agrícola xa desaparecida do Val do Fragoso. Xaora. o san Brais actual é o reino […]

Poema de hoxe 35: «Cero» de Oriana Méndez

EXISTE UN camiño cara ao vento austral para encontralo é preciso posuír a calma intacta do centro da terra Oriana Méndez, Cero (Galaxia, 2011)