Entradas por bretemas

Onte 1580: A grandeza dunha derrota

Sobre a lameira de Balaídos, case unha lagoa, na noite de onte sofrimos os efectos euforizantes da grandeza dunha derrota. Durante unha hora, até que Banega meteu o seu gol (froito do primeiro erro defensivo celeste) e Guidetti enviou o penalti ao pao, o equipo de Eduardo Berizzo forxou o soño dunha remontada copeira, que semellaba case […]

Poema de hoxe 43: Avelino Cachafeiro, «Rosalía abriu a fiestra»

Rosalía abriu a fiestra, bícana os raios do sol Avelino Cachafeiro Bugallo, Voando cas aas da vida (1969)

Poema de hoxe 42: Miguel Vázquez Freire, «No Castro de Paradela»

fomos recoller o canto da luz das últimas raiolas fomos esculcar a sólida música dos penedos Miguel Vázquez Freire, Paisaxes de nós (Cadernos da Néboa, 2011)

Onte 1579: Joel Dicker e o DS 4

Non vira na televisión até onte o anuncio do DS 4 de Citroën protagonizado polo escritor Joel Dicker, a quen coñecimos o pasado ano na entrega do premio San Clemente. O xove novelista suízo, autor d´ A verdade sobre Harry Quebert, protagoniza unha campaña publicitaria, The DS writer, que xira arredor dunha webserie de cinco capítulos […]

Poema de hoxe 41: Xosé Vázquez Pintor «Na vertical da noite»

Un comboio de luz abrirase despois dun grande escuro. Xosé Vázquez Pintor, Na vertical da noite (1990)

Onte 1578: «Youth» («A mocidade»)

Youth (La giovinezza), a última xenialidade de Paolo Sorrentino, é unha película perturbadora onde o peso das emocións e a corrente de beleza de imaxes memorables esvae un argumento apenas funcional, Como sucedera xa n’ A grande beleza, a densidade e a grandilocuencia visual, sonora e textual facilita a abordaxe de temas esenciais, dende unha […]

Do Entroido de Vigo

No artigo da semana en Faro de Vigo falo do Entroido en Vigo. Pareceume pouco afortunada a apertura do Entroido transformada nun concerto de carnaval, onde un artista veterano, “El Sevilla”, cantante dos Mojinos Escozíos, alleo a nosa tradición e costumes, agochaba co seu discurso e indumentaria de irreverente rocanroleiro heavy todo o espírito de escarnio […]

Poema de hoxe 40: Claude Royet «Frases para un felo»

Mergúllome na escuridade desta mirada baleira. É un ceo negro o que domina o presente. Claude Royet Journoud, Frases para un felo (Amastra-N-Gallar, 2002)

Onte 1577: «O día que choveu do revés»

Cando as nubes decidiron chover os sete choveres coa intención de que os campos de millo e as verzas medrasen vizosas non pensaron que poderían asolagar a vila de Portoseco. Como compensar o dano causado polas nubes dará inicio á historia d’ O día que choveu do revés, álbum onde colaboran María Canosa e o ilustrador Dani Padrón. Como anticipara no […]

Onte 1576: Titiriteiros

Na polémica sobre os titiriteiros cómpre diferenciar entre dúas cuestións de dimensións ben diferentes: o encarceramento de dúas persoas acusadas dun delito tipificado no código penal e os criterios utilizados polo concello de Madrid na confección da súa programación cultural. Con respecto á primeira, diversas versións coinciden en que a compañía Títeres desde abajo programou unha obra […]