Entradas por bretemas

Poema de hoxe 52: «O mar pola noite» de Ismael Ramos

O mar pola noite é un peixe que agoniza sen boquexar, respirando suave sobre a area. Ismael Ramos, Os fillos da fame (Xerais, 2016)  

Onte 1589: Eco e o lector modelo

Sei que o pasamento de Umberto Eco impacta en todos os membros da miña xeración de profesores, lectores afervoados de obras como Apocalípticos e integrados e O nome da rosa, a novela pola que tanto apostou Esther Tusquets, a gran editora de Lumen, que limos afervoadamente cando rematabamos os días universitarios. Xaora, Eco foi sempre para […]

Onte 1588: Na Biblioteca de Verín

Dende aquela apoteósica presentación de Carrilanos, hai case dez anos, non volvéramos ás terras de Monterrei. Fixémolo onte para presentar na Biblioteca de Verín Por que as sombras non teñen ollos, a novela arraiana do escritor e senador galeguista Luís García Mañá, Máis de setenta persoas participaron nun acto que formaba parte da programación da Biblioteca Pública […]

Poema de hoxe 51: «Técnicas de afeitado» de Carlos Negro

Unha poética de dobre folla; suave e apurada por fóra, pero cun gume cortante por dentro. Carlos Negro, Masculino singular (Xerais, 2016)

Poema de hoxe 50: Alfredo Ferreiro, «Visión do medium»

Escribir un poema debe ser un diluvio que agoniza, Que aperta con violencia o corazón contra si. Que sufoca até o límite Alfredo Ferreiro, Versos fatídicos (Positivas, 2011)

Poema de hoxe 49: Manuel Álvarez Torneiro, «Aula de posguerra»

Comezaba o inverno a durar media vida Manuel Álvarez Torneiro, Habitante único (Espiral Maior, 1997)  

Onte 1586: Asociación positiva co galego

Os vinte anos que celebra esta fin de semana a CTNL merecen todos os parabéns. Dúas décadas de moi proveitoso traballo dun colectivo de profesionais a prol da lingua galega compartindo sintagmas de entusiasmo e simpatía. Como ben salientou onte Nel Vidal, que despois de nove anos de traballo arreo abandona a presidencia do colectivo, a […]

Poema de hoxe 48: Xohana Torres, «Tempo de ría»

Vivir é só alzarse á dureza da hora dende o recanto escuro dalgún patio Xohana Torres, Tempo de ría (Espiral Maior, 1992)

Onte 1585: Canta bichería!

Coa publicación d’ As peripecias de Extravaganza Pérez, o libro de Ledicia Costas, ilustrado por Óscar Villán, abre a xanela o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que centrado arredor do lema «Canta bichería!» se celebrará do 1 ao 23 de abril no Pazo da Cultura. Esta nova obra de Ledicia Costas, protagonizada por […]