Entradas por bretemas

Poema de hoxe 158: «Gris galego» de Alfonso Armada

Unha nación nace dun desexo. Vontade de ser distinto Alfonso Armada, «Gris galego» (2003)

Onte 1694: Pelepau na festa da cereixa

Antes de seguir o magnífico pregón de Jacobo Buceta na Festa da cereixa de Beade, escoitamos seis temas do grupo Pelepau, un grupo dunha ducia de mestres percusionistas vigueses que demostran a potencia e a orixinalidade da actual música folclórica de noso. Gustoume coñecer en vivo a enerxía coa que abordaron cada unha das cantigas populares de […]

Poema de hoxe 157: «Campo de alba en negado espello» de Manuel Álvarez Torneiro

Aquí acudimos a fogueira un día. Manuel Álvarez Torneiro, «Campo de alba en negado espello» (2003)

Onte 1692: “Galería de saldos”, booktrailer interactivo

Entusiasmoume o booktrailer de Galería saldos, o libro de relatos co que Diego Giráldez debuta en Xerais Narrativa. O espectacular traballo, dirixido por Antón Veiga e realizado por Mon Moares, leva este tipo de pezas audiovisuais, destinadas a contribuír a facer máis visible o libro e compartir as lecturas, ao territorio da interactividade e a realidade virtual, que aínda […]

Poema de hoxe 155: Sechu Sende

Hai que facer da entrada da espiral unha saída no teu colgante de porcelana branca Sechu Sende (2003)

Onte 1691: Entrega dos nacionais

Na entrega dos Premios Nacionais de Cultura correspondentes ao bienio 2014-2015, realizada onte en Palencia, houbo unha apreciable presenza da cultura galega. Aos premios de Tradución e Teatro de 2014, sumáronse o pasado ano os de Literatura Infantil e Xuvenil de Ledicia Costas por Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais) e o de Poesía Xove de Gonzalo […]

Poema de hoxe 154: «Prestige» de Alfonso Pexegueiro

Cando os poetas están no seu sitio, as catástrofes non suceden. Alfonso Pexegueiro, «Prestige: unha catástrofe que se puido evitar» (2003)  

Poema de hoxe 153: Pilar Pallarés

Non teño medo á morte: aprendín a posuíla e convertina en rito. Pilar Pallarés (2003)