Entradas por bretemas

Onte 1708: Brexit

O Brexit expresa o fracaso do proxecto europeo como comunidade política, incrementado dende o inicio da crise financeira tanto polo aumento da desigualdade e da xenofobia como polo retroceso dos dereitos sociais e cívicos da cidadanía. Tras a decisión do Reino Unido ábrese un debate ineludible sobre o futuro do soño europeo, tanto polas posibilidades de cohesión que […]

Poema de hoxe 172: «Galicia», colectivo Ronseltz

Galicia Todo na miña terra é paisaxe Menos traxe, paxe e garaxe. Colectivo Ronseltz, Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Positivas, 1994)

Onte 1707: Culturgal 2016 en marcha

Dende onte poden reservarse espazos e propoñer actividades para o Culturgal 2016, que se celebrará do 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Como en edicións anteriores hai descontos, que poden chegar até o 36 % do prezo base, para as empresas e entidades que contraten os seus espazos antes do 31 […]

Quesada, mestre da retranca

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a Fernando Quesada, mestre do humorismo gráfico galego falecido o pasado sábado. Cando souben do pasamento de Fernando Quesada lembrei aquela noite feliz da cea da Fundación Magar na que lle tocara no sorteo unha bolsa de produtos conxelados. Fernando, moi contento por tan valioso premio, […]

Poema de hoxe 171: «Contrabanddo de amigo» de Antón Reixa

Sentada estou na illa de San Simón esperando, meu amigo, ai, que volvas do Gran Sol e pola ponte de Rande van e veñen sen parar moitos coches, meu amigo, que non veñen do Gran Sol. Antón Reixa, «Contrabando de amigo» (Viva Galicia beibe, Positivas, 1994)

Onte 1706: Ler é vivir moito máis e moito mellor

Carles Capdevila, o director de Ara, publica en Twitter enlaces e reflexións educativas moi interesantes. Onte lembraba o cuarto aniversario do pasamento do escritor Emili Teixidor e recuperaba un texto extraordinario, «Ler é vivir moito máis e moito mellor», no que o autor de Pá negre ofrecía catorce reflexións sobre o libro e a lectura que […]

Onte 1705: Feira do Libro de Redondela

Acompañei onte a María Solar na presentación d’ As horas roubadas na Feira do Libro de Redondela. Gustoume a ubicación da feira na Alameda, entre a casa do concello e a estatua de Castelao, un espazo ideal para crear unha tradición de visibilización do libro e da lectura na vila dos Viadutos. Gustoume o esforzo […]

Poema de hoxe 170: «A brétema» de Antonio Noriega Varela

A brétema, ¿tu sabes?, é ceguiña: os piñeirales pouco a pouco explora, i anda sempre descalza, e si se espiña sangrar, non sangra, pero chorar, chora… Antonio Noriega Varela, «A brétema» (Do ermo, 1920)

Onte 1704: Ferrín e a paisaxe

Na anotación de onte non tivemos tempopara recoller a referencia que merece a intervención de X.L. Méndez Ferrín na presentación do Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Apenas vinte minutos maxistrais nos que o autor de Estirpe debullou o papel da paisaxe na cultura galega. Comezou sinalando que «este libro é coral moi afinado, orfeóinico, fálase de […]

Poema de hoxe 169: «Feros corvos de Xallas» de Eduardo Pondal

Feros corvos de Xallas que vagantes andás; en salvaxe compaña, sin hoxe nin mañán; quen puidera ser o voso compañeiro, pola gándra longa! Eduardo Pondal, «Feros corvos de Xallas» (Queixumes dos pinos, 1886)