A lección do Consultivo

O ditame do Consello Consultivo sobre o Decreto de Plurilingüismo é outra dura lección para o Goberno Feijóo. O Consultivo corrobora, dende o seu punto de vista estritamente xurídico, o que dende outras instancias tantas outras veces se ten afirmado: «é inconstitucional que os pais elixan a lingua na que se imparten as materias da educación obrigatoria», razón, entre outras apuntadas, pola que para este órgano independente de carácter técnico xurídico o Decreto de Plurilingüismo vulnera a Lei de Normalización Lingüística, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e a propia Lei Órgánica da Educación.

O Consultivo argumenta que na Educación Infantil deben ser os centros educativos, a través dos seus proxectos lingüísticos, os que decidan a lingua de escolarización, en función dos datos do mapa sociolingüístico, da información facilitada polas familias e da valoración realizada polo claustro. En canto á posibilidade de que as familias decidan o idioma dalgunhas materias de Primaria e Secundaria, o ditame salienta que isto supón “a atribución ás familias dunha capacidade decisoria no eido da programación educativa” que non lle corresponde. Engade, tamén, que suporía limitar “a competencia dos consellos escolares dos centros a aprobar e avalar o seu proxecto lingüístico”. O Consultivo tamén salienta que non sería correcto “decidir cada catro anos”, xa que non todas as familias terían capacidade de elección. No que se refire ás procentaxes do 50%, o ditame solicita que se sustitúa  no texto “porcentaxe semllante ou equilibrada” por “igualitaria”, para que o reparto ao 50% sexa máis preciso.

O texto do ditame constitúe un severo correctivo para quen utilizou o anterior ditame deste órgano sobre o Decreto de Fomento do Galego no ensino non universitario de 2007 como principal argumento para que  fose derrogado. Por moito que teime o conselleiro Vázquez na lexitimidade da súa maioría na cámara, coas eivas legais apuntadas polo Consello Consultivo é irresponsable aprobar este decreto. Unha retirada inmediata do texto e unha volta ao consenso parlamentario acadado en 2004 semella a única saída posible para esta malfada polémica. Porén, continuar teimando nos termos deste modelo lingüístico imposto polos intereses dun sector do Partido Popular, levará a un desastre para a convivencia e para o futuro do idioma noso.

9 comentarios
  1. xos
    xos Dice:

    Si, ao mesmo constitucional que pode dar un gran paso atrás co tema do estatut de Cataluña, entre outras cousas, na cuestión lingüística. Realmente, acudir aos tribunais é un risco a considerar, aínda que saibamos que temos a razón

  2. CHI Hair
    CHI Hair Dice:

    The cloud u disk designed by aigo came into market in these days, and this is the first time of advanced cloud technology used by consumption storage market. Britney Spearss plastic eyeglasses , Take a Look and Make a Comment Based on the advanced cloud memory technology, Aigo cloud U-disk supplied “forever exist” data memory measures for customers. The Ultimate Tutorials to cheap ghd straighteners Sales This makes more common people experience the data safety and convenience brought by cloud storage through aigo cloud U disk. The Latest links of london store in This Season: 10 Perfect GiftsTips to Look Great With.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] do discurso populista impulsado desde a FAES. Unha boa avaliación pode ser lida no blog Brétemas, que tamén inclúe links a crónicas da imprensa sobre o asunto. Publicado na […]

  2. […] ánimo. Coa excepción da retirada (polo momento) da consulta aos pais, motivada polo contundente lección do Consello Consultivo, Feijóo anunciou hoxe escasas […]

  3. […] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado. Manuel Bragado said: «A lección do Consultivo», anotación no blog, http://bretemas.blogaliza.org/2010/05/13/a-leccion-do-consultivo/ […]

Los comentarios están desactivados.