Onte 2063: Café de Redacción con Néstor Rego
Iniciamos onte na Coruña as actividades da Fundación Luzes con Café de Redacción con Néstor Rego. Conducido por Xosé Manuel Pereiro, os xornalistas Manuel Rivas, Soniza Vizoso, Anxo Luxilde e Marcos Sanluis preguntaron durante máis de hora e media ao deputado do BNG no Congreso sobre as cuestións máis polémicas da axenda galega. O acordo de investidura asinado entre o PSOE e BNG e as reaccións que provocou en Feixó, as posibilidades de formar unha alternativa de cara as vindeiras Galegas e a unidade nacionalista foro algúns dos fíos desnobelados por Rego devagariño con espírito didáctico non exento de humor e amenidade.
Transmitido en streaming e con impacto nas redes, este primeiro Café de Redacción forma parte dun ciclo de actividades con formatos diversos co que a Fundación Luzes pretende contribuír a fomentar o debate público e a presenza dun xornalismo crítico na sociedade galega actual. Agradecemos a participación xenerosa de Néstor Rego e dos profesionales que con el conversaron nesta estrea da FL que terá continuidade con outra convidada no vindeiro mes de febreiro.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir