Onte 1497. «Somos Espazo», simbioses creativas entre arte e arquitectura en Culturgal
Cando quedan apenas catro semanas para Culturgal 2015 e antes de presentar o avance do programa de actividades o día 18 de novembro, adiantamos os contidos de «Somos Espazo. Simbioses creativas entre arte e arquitectura», a exposición de Artes Plásticas que Culturgal monta en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Comisariada coma na edición do pasado ano por Antón Sobral e Paula Cabaleiro, recollerá o traballo de vinte e dous arquitectos e artistas que traballan con procesos creativos semellantes aos da arquitectura ou que incluso colaboran directamente con arquitectos no desenvolvemento da súa obra. Polo que me adiantaron os comisarios, moito promete esta exposición que estará instalada do 4 ao 10 de decembro na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir