Onte 1393: Romaría dos libros
Este 25 de xullo, ademais do Festigal, celebrarase na praza de Mazarelos de Compostela a Romaría dos libros, onde participan editores e libreiros composteláns. Entre as actividades previstas, como a solta de libros e as presentacións express, están o concerto didáctico lúdico Sira e o robot. Adventures on Titan de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira e os concertos de Ariel e Xurxo Souto do seus Contos do mar de Irlanda. Excelente iniciativa de visualización do libro e disco galego no día da patria galega que conta co apoio do concello de Santiago.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir