Onte 1306: Ameixeiras e Acuña, premios Losada Diéguez
Tras a reunión anual da Fundación Celso Emilio Ferreiro, coñecín que o premio Losada Diéguez 2015 correspondera na modalidade de creación a Diego Ameixeiras por Conduce rápido e na de investigación a Ana Acuña por Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000). Premios que recoñecen a calidade de textos publicados por Xerais por membros da Xeración da esperanza, Diego Ameixeiras volve ser premiado por unha das súas novelas do xénero negro, ao que tanto ten contribuído a renovar na nosa lingua durante a última década. Mentres Ana Acuña ve recoñecida a súa investigación sobre os «madrigalegos terraferidos» e o seu rigor na elaboración dun traballo clave para entender a cultura galega na segunda metade do século XX. Beizóns a Diego e Ana, claro que si!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir