Onte 1242: Encontro de irmandade
Que #onosoderbi non fose declarado «partido de alto risco» é unha excelente noticia para o fútbol galego, mais tamén un recoñecemento da madurez das afeccións deportivista e celtista para abordalo. As declaracións de onte do adestrador e presidente do Celta e de Víctor Fernández aventuran os mellores indicios dun encontro intenso na lameira, competido tacticamente, mais tamén unha auténtica festa do «fair play» e do »xogo bonito» de dous equipos que chegan nun bo momento, que agardo se transforrme nas bancadas en auténtica irmandade galega. Xaora, semella fenómeno doutro tempo, felizmente superado, que o derbi galego sexa un enfrontamento cainita e perigoso para xogadores e seareiros. No entanto, como nesta rivalidade galega cadaquén ten que termar das súas cores, agardo o mellor resultado posible para o Celta e unha boa viaxe para os mil cincocentos celtistas dispostos a agarimar aos seus no sempre difícil estadio de Riazor.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir