1059: Un Celta de Premier
A pesar do irrecoñecible vestiario, unha equipación verde, onte en Pranton Park o Celta de Berizzo demostrou que podería ser un bo equipo de Premier. Nunha magnífica hora deitou cun xogo combinativo de alta escola ao Everton, un cadro que participará na Europa league. Non puidemos evitar un aceno de aberto entusiasmo cos tres goliños de Nolito en apenas un cuarto de hora, un xogador que abraiou coa súa calidade á bancada evertoniana, que o despediu con moitos aplausos. Como non puidemos máis ca esperanzarnos coa solidez dun estilo de xogo onde a intensidade da presión é asumida de forma solidariada por todos, o que lles permitiu roubar balóns na metade do campo do seu rival e facilitar múltiples combinacións atacantes nese espazo de perigo. Mais é certo, tamén, que o Celta amosou fraxilidades, sobre todo a fisura entre os centrais, que facilitou o gol dos de Liverpool ao inicio do partido, e as dificultades para resolver o xogo áereo, cando o Everton apretou co seu xogo directo na segunda metade. Xaora, quedamos ilusionados con este primeiro ensaio importante. O equipo de Berizzo promete rigor e un chisco de fantasía.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir