Onte 1049: Arcas de paz e esperanza
Este chío que Khaled ElAhmand publicou onte expresa o incalculable valor dos libros. Esta afouta rapaza gazatense sen nome rescata os seus libros entre os cascallos da súa casa destruída polo exército de Israel. Moi queridos teñen que ser para ela os libros que agarima no seu colo. Eis o poder dos libros entre as ruinas da súa terra devastada, eis os libros resistentes, arcas de paz e da esperanza negada polas bombas e o fanatismo.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir