Onte 1002: Raimon
Raimon recibiu onte no Palau de la Música o Premio de Honra das Letras Catalás outorgado por Ómnium Cultural. Recoñécese así a traxectoria artística, cultural e cívica do cantante e poeta de Xátiva, destacando o seu papel como defensor da lingua catalá desde 1963, ano no que publicou en Edigsa o seu primeiro disco, o que inclúe «Al vent». Onte, tras recibir tan importante recoñecemento, Raimon confesou que «moitas veces teño a sensación de que non son dos meus», «non me sinto dos meus cando os meus queren que eu sexa como eles quixeran que eu fose e non como eles saben que son», «a loita entre o meu “eu” e o seu colectivo fanme pensar que eu non son dos meus». Un xeito moi sutil de afirmar na súa madurez humana e artística a súa liberdade de criterio e o seu compromiso coa súa memoria. Raimon, figura da música popular catalá, que continúa defendendo os valores democráticos, merece as nosas beizóns. Parabéns tamén a Ómnium Cultural, unha entidade cívica apartidaria que coma Raimon leva cincuenta anos ao servizo da lingua, da cultura e do país.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir