Barómetro da lectura 2008, melloras en Galicia
Tren de cercanías
No artigo da semana reclamo que o tren de proximidade sexa unha das prioridades da vindeira lexislatura.
Agustín Fernández Paz, «Letra E» 2009
Acabamos de saber que Agustín Fernández Paz recibirá en Vilalba no mes de xuño a «Letra E» (O escritor na súa terra) que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. A decisión foi adoptada na asemblea anual da asociación celebrada esta mañá na que foron reelixidos Cesáreo Sánchez Iglesias como presidente e Antía Otero como vicepresidenta.
Astrolabio
Libros electrónicos, algunhas novidades
Hoxe coñecimos dúas noticias sobre dispositivos electrónicos portátiles de lectura, o novo modelo de sony e o novo kindle de Amazon. O Sony PRS-700 é un e-book que presenta a pantalla táctil como novidade máis importante sobre o modelo anterior, o coñecido como Sony reader. Pola súa banda, Amazon presentará o luns en Nova York o Kindle 2 que, polas fotos filtradas, parece moi semellante ao modelo anterior e manterá o seu carácter pechado. No entanto e a pesar destas novidades de dispositivos específicos de lectura baseados en tinta electrónica, o futuro da lectura en pantallas pode estar en dispositivos non especializados (pedeás, ultraportátiles, iphones e outros teléfonos ou as consolas portátiles domo a PSP ou a Nintendo) asociados á posibilidade que proporciona Google Book Search. Cada vez parece máis claro o futuro da lectura sobre pantallas portátiles, porén non se albisca, aínda, cál pode ser o soporte que se impoña no mercado.
Xerador de anuncios
Despois do acontecido onte coa revista Retranca, está asegurado o éxito da súa campaña de promoción en Vigo. A capacidade negociadora de Kiko da Silva conseguiu que nos vindeiros días os vitrasas da liña C-1 circulen nas súas traseiras con este slogan tan retranqueiro: Probablemente Zeus non exista. A cultura galega si. Por que non falamos das cousas que existen? A min gústame máis que o orixinal, retirado polos responsables da empresa de transportes. Lémbrame ao humor que xoga co equívoco, indispensable nos tempos da ditadura e do tardofranquismo para explorar límites, cando Bibiano cantaba aquilo de «Abaixo a dentadura» ou cantabamos con Luis Llach «L’estaca». No entanto, o acontecido coa campaña de Retranca en Vigo, pon en evidencia a utilidade do humor para visibilizar problemas que permanecían agachados ou ocultos; ao tempo que amosa (por decepcionante que isto semelle para a liberdade de expresión, a existencia de temas que non poden ser abordados publicamente (dubidar da existencia de deus, non pode ser considerada unha acción que violente a ningún outro cidadán). En todo caso, para seguir ensaiando campañas retranqueiras nos buses, existe na rede este xerador de anuncios, que convido a utilizar como recurso didáctico nos centros escolares.Vitrasas con retranca?
“Probablemente os deuses non existen, pero a cultura galega si”, este era o lema da campaña promocional da revista “Retranca” nos vitrasas. Que foi o que sucedeu?Web 2.0 no CFR de Ferrol
Mañá pola tarde estaremos no IES Sofía de Casanova de Ferrol participando no ciclo «A Wed 2.0, o triunfo da interactividade», organizado polo Centro de Formación e Recursos.










