Fotobiografía sonora de Manuel María
/en Autores, Novidades/por bretemasEntre as novidades de libros audiovisuais galegos do pasado Nadal (afortunadamente houbo unha boa colleita) destaca a fotobiografía sonora de Manuel María. Os amigos de Ouvirmos, de quen admiramos o traballo de recuperación de gravacións históricas, crearon unha nova modalidade de fotobiografía de coidado deseño, na que se ofrece, xunto a un amplo e significativo percorrido fotográfico e biográfico, dúas gravacións desas indispensables: a primeira, unha selección de dezanove poemas do Manuel na súa propia voz; a segunda, unha antoloxía de dezasete cancións sobre seus textos, a cargo de Fuxan os Ventos, A Quenlla, Suso Vaamonde ou María Manuela, entre outros. Recoméndoa, sobre todo para súa utilización educativa. Sei que xa están a preparar un volume semellante de Celso Emilio. Outra tipoloxía de edición que amosa o pulo do noso sector.
O 2005 en blogs
/en Blogs/por bretemasAs virtudes dun libro
/en Libro/por bretemasEnlazo unha cita marabillosa de Paul Valery sobre as virtudes dun libro. Si señor, un bo libro é unha máquina perfecta de ler, cuxas condicións son definibles con bastante exactitude polas leis e métodos da óptica fisiolóxica; e, ao mesmo tempo, un obxecto de arte, unha cousa, mais coa súa personalidade, unha que leva marcas dun pensamento particular que suxire o noble propósito dunha orde afortunada e voluntaria.
Campo do Fragoso X
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasDEVALO
Nin os bos propósitos do ano novo, nin a presenza máxica dos tres magos e a alegría contaxiosa dos ranchos de reis sobre o terreo, nin a intensidade competitiva que se presupón aos partidos de Copa, nin os numerosos cambios no once habitual (case medio equipo novo), nin sequera as modificacións do esquema táctico vazquiano (xogou con dous dianteiros) foron onte capaces de parar o devalo no que caeu o Celta nos dous últimos meses. Como é adoito, o encontro comezou de forma esperanzadora: os celestes ordenados e moi disciplinados en defensa controlaban con autoridade o centro do campo, agardando que a velocidade de Perera e os caneos e pases interiores de Canobbio permitisen gañarlle as costas á defensa bética. Abondaron vinte minutos desa estratexia ofensiva para adiantarse no marcador e outros tantos para, cun pouco de fortuna no remate, ter unha cómoda vantaxe para asegurar a eliminatoria. Porén, e como tamén é adoito, tras a rigorosa expulsión de José Enrique, e faltando media hora para o remate do encontro, os de Vázquez viñéronse abaixo de forma estrepitosa e agasallaron totalmente o control do xogo a un Betis moi frouxo. Un preciso cabezazo de Lequi en propia meta e o protagonismo innecesario de Megia Dávila, que sacou de quicio coas súas arbitrariedades á bancada e o banco galegos, foron as inevitables consecuencias da impotencia céltica e da súa estratexia meduliana e acomplexada. É decepcionante que este Celta de inverno sexa totalmente incapaz de repoñerse das adversidades e avatares do xogo. Cómpre parar o devalo canto antes.
Benvido, Rinoceronte
/en Beizóns, Novidades, Traducións/por bretemasApareceron os primeiros libros de Rinoceronte, a nova editora galega especializada en traducións. O catálogo é moi prometedor e ambicioso, o deseño das capas e da propia web é moi sobrio e a nómina de tradutores de grande calidade. Deséxolles moita sorte a Moisés e Penélope en tan arriscado proxecto editorial, xa que os custos das traducións e o pagamento dos adiantos é moi elevado para as nosas cativas tiradas. O camiño da especialización e a venda directa na rede semellan estratexias viables para estes novos proxectos que enriquecen o noso panorama editorial. Longa andadura para o Rinoceronte!!!
Actualización (08-01-2006): entrevista a Moisés R. Barcia e María Yáñez.
Primeiro aniversario
/en Blogs, Persoal/por bretemasEntre os 540 posts publicados prestáronme, por moi diversas razóns, esta ducia (un de cada mes):
- Tintas galegas (in memoriam de don Álvaro Álvarez Blázquez, que nos deixou poucos meses despois).
- Campo de Granada (grazas, Lolo)
- Pan durmido (homenaxe ao gremio de panadeiros).
- Editor emigrante (recordo de Vicente Paz Fernández).
- Nin Terra nin Tempo (a pesar dos disgustos que me supuxo).
- Un canto á vida (grazas, Teresa).
- Libros de máis?
- Campo de Fragoso I (a primeira das crónicas celestes que naceron primeiro para a rede).
- Antoloxía de colofóns (homenaxe ao profesor).
- Benvido Samaín.
- Un abrazo, María Victoria.
- Almas perdidas (homenaxe ao mestre).
Estas brétemas pretenden seguir este segundo ano co mesmo empeño de esperanza que as viu nacer.
Profissoes do livro
/en Edición/por bretemasPrimeiro orixinal de 2006
/en Narrativa, Xerais/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Karnix celta25 de Novembro de 2024 - 9:30 a.m.