Galicia país convidado na Primavera dos Libros 2006

Unha importantísima noticia para a proxección internacional do libro e da edición galega: seremos país convidado na sexta Primavera dos libros, un evento que organiza a Liga Brasileira de Editoras (Libre), que agrupa a 107 pequenas e medianas editoras brasileiras. Trátase dunha feira destinada tanto a profesionais como aberta ao público (con presenza multitudinaria), que se celebra alternativamente un ano no Río e outra en Sao Paulo. Sempre crin que “Brasil somos nós”, agora confírmase, tamén, para o eido das edicións. Parabéns para Miguel Anxo Fernán Vello, o presidente da AGE, quen asinou o histórico compromiso. Non cabe dúbida que algo está mudando, e para ben, no mundo editorial galego.

Campo do Fragoso V

SILVIÑA
Gañar ao Español custou, como era agardado, ferro e fariña. Foi o de onte un encontro moi tenso onde se enfrontaron as estratexias de dous adestradores moi testáns, fieis aos seus principios de xogo máis disciplinado ca fermoso. Miguel Ángel Lotina, recibido moi agarimosamente polas bancadas de Río, onde nalgúns sectores conserva moitos adeptos, colocou dende o inicio tres centrais en liña deixándolle todo o balón e toda a responsabilidade do ritmo do encontro aos centrocampistas célticos, agardando a oportunidade dun contragolpe, dirixido polo pé de seda de Iván de la Peña, que rachase a notoria fraxilidade dos nosos centrais. Fernando Vázquez fixo os cambios imprescindibles no seu once inicial –substituíndo ao lesionado Baiano (moito piamos pola súa potencia ao longo do encontro) por Perera, un xogador tecnicamente tan discreto como xeneroso no esforzo– pretendendo coas subidas dos laterais desbordar a tupidísima defensa españolista. O traballo paciente dos celestes comezou a dar os seus froitos coa decisiva expulsión de Pochettino. Como non podía ser doutra maneira, diante de semellante estratexia ultradefensiva de Lotina, e co seu equipo en inferioridade, o anceiado gol chegou co encontro case vencido. Compensou o sufrimento da bancada a confirmación da enorme calidade de David Silva, un rapaciño que xa é unha auténtica alfaia: posúe coñecemento do xogo, mobilidade, creatividade, descaro, autoridade, forza, caneo e remate contundente (como demostrou co seu golazo). Un auténtico fenómeno este Silviña.

Abrir Vigo ao Mar

No artigo da semana insisto en ir contracorrente. Creo que a insatisfacción polo resultado actual desta actuación urbanística non está no proxecto de Consuegra, senón na falta de sensibilidade e de entendemento, cando non na irresponsabilidade, das tres administracións implicadas, que non foron capaces de finalizalo.

A foto do monumento do semi-polbo xigante corresponde ao magnífico arquivo de Javier Albertos Benayas, que colocou na rede máis de dez mil fotos sobre Vigo.

Os editores abandonan aos lectores?

Vía Txetxu, por fín, atopo a entrevista da que tiña noticia hai días de Luis Mateo Díez, un narrador que sigo desde hai tempo e que sempre me parece moi serio nos seus criterios artísticos. Da entrevista, escollo varios anacos que me parecen poden pagar a pena debater:

Sobre os límites da amizade e a inamizade

La amistad es el bien más generoso. Es la exaltación de los afectos en la entrega a los demás. Presento una fábula un poco de límites, como el corto camino que hay del límite de la amistad a la enemistad o al aborrecimiento; cómo algo tan noble, maravilloso y hermoso se contamina con la envidia y de pronto cómo dos amigos que se quieren se matan. La fábula está contada por las voces de muchos amigos que fueron testigos de una terrible historia que le sucedió a dos de ellos cuando eran adolescentes, que quedaron y se mataron. Es decir, cómo un sentimiento tan noble puede ser destructivo. El amor destruye y la amistad a veces se contamina. Hay un camino de centímetro y medio entre la amistad más noble y más cultivada y la enemistad. Es ese camino del afecto al odio fuera de lo amoroso.


Os editores abandonaron aos lectores

Hay un proceso de abandono de los editores a los lectores. La búsqueda denodada de la cuenta de resultados, de cómo el comercio ha entrado en el mundo editorial y de los libros -que es por otro lado razonable ya que es un mundo industrial- nos está llevando, como en tantas otras cosas, a una gran contradicción: la búsqueda del lector que no existe, que es quien lee un libro, pero no se engancha para el siguiente, la denodada búsqueda de ese lector que no existe porque ése es el lector más multitudinario, el que no lee. Eso conlleva el olvido hacia el lector que lee, que tiene un reto: que exige. Y decide lo que quiere. Yo creo que hay una navegación contradictoria en el mundo editorial y se está perdiendo el norte. Menos mal que algunas editoriales pequeñas están sosteniendo la vela atendiendo al lector que lee e intentando ganar lectores para la lectura. Y los lectores que ganas no son aquéllos que ganas para entretenerles un rato, sino que los ganas para la pasión. Y no te abandonan.

Album 05

Vía mariademallou coñezo Album 05, unha interesantísima revista de artes electrónica quincenal. Velaí unha vía alternativa de calidade. Marabillosa é a programación musical da súa radio blog (Lamatumbá, Siniestro, Iván Ferreiro, Madialeva entr outros); moi interesantes son os artigos (recomendo a entrevista con Neira Cruz, seguir o Caderno de tormentas de David Rubín e debullar a reportaxe sobre Radio FilispiM); a información está actualizada; o deseño e a maquetación son elegantes, limpos… En fin, unha gozada de revista dixital en galego. Beizóns, beizóns!!!, como lle gusta dicir a maría. Recomendo visitala.

Saudades de Frankfurt

Non puiden ir este ano á feira e teño saudades das longas camiñadas polos pavillóns e dos encontros e parrafadas cos amigos. A prensa publica hoxe noticias alentadoras. Cataluña xa pechou o seu contrato. Nós aínda estamos moi lonxe e moito temos que aprender dos cataláns.

Xornadas sobre Ánxel Casal

Recibín hoxe o programa de “Anxel Casal, Unha vida por Galiza”, as xornadas organizadas polo Concello de Santiago e o Departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago que terán lugar en Santiago do 16 ao 18 de novembro. Unha iniciativa moi oportuna para estudar e debater sobre as dimensións da figura poliédrica de Casal (político, editor e promotor cultural) na sociedade do seu tempo. Alí estaremos.

Harold Pinter en Galeuzka

Recomendo a lectura do artigo de hoxe de Méndez Ferrín.

Google print

Xa está operativa en castelán a versión beta de Google print. Consultando a páxina de Catuxa (sempre alí hai sorpresas) un pode facerse unha idea cabal das posibilidades e dos problemas deste novo buscador que pretende indexar a información e os contidos existente en millóns de libros. Non hai dúbida de que para os editores este sistema pode supoñer un xeito de promocionar os seus libros, ao tempo que transformar, un pouco máis, a estrutura do proceso de edición. Móvese e de forma moi acelerada o mundo da edición internacional. Polo momento, non está de mais ensaiar co buscador para atopar as súas posibilidades.

Foro con Fernández Paz

Desde hai dous días e ata o día 28 está aberto un foro con Agustín Fernández Paz sobre a literatura de aventuras e viaxes. A verdade é que esta iniciativa promovida pola Asociación de Prensa Juvenil é moi interesante. Creo que estes foros organizados, sistemáticos e reflexivos poderían ser emulados en Galicia como vía de contacto dos lectores cos nosos autores. Quedamos coa idea (non se podería animar Vieiros?) e seguiremos o foro do querido Agustín que vai ter unha quincena ben ocupada. Parabéns aos organizadores.