Onte 1961: Baixa

bretemas —  13 de Abril de 2018 — 6 Comentarios

Foron moi dificiles os últimos días. A petición propia, onte deixei de ser director de Xerais. Foi unha decisión meditada coa que pretendo volver á escola a comezos do vindeiro curso e continuar colaborando con Xerais e coas outras empresas do Grupo Anaya na súa estratexia de edición en Galicia. Hoxe non podo expresar máis que a miña máis fonda gratitude a todas persoas coas que colaborei neste vinte e oito anos intensos e inesquecibles nos que tiven a fortuna  de formar parte do cadro de profesionais de Xerais, ao tempo que ofrezo as miñas desculpas polos erros, probablemente moitos, que puidera ter cometido. Sei que este é un momento de esperanza nun tempo de incerteza. Xaora, sei que está asegurada a continuidade anovada do proxecto editorial de Xerais como piar e líder da edición en lingua galega. Con todos os abrazos para todas as persoas coas comparto azos e esperanzas. Beizón!

Comparte este artigo:
Facebook Twitter Digg Email

6 responses to Onte 1961: Baixa

  1. Parabéns, grazas, beizóns polo que queda atrás.
    Ánimo, sorte e moita felicidade no que está por vir.
    E unha aperta grande sempre!

  2. Grazas a ti, Manolo, por toda a túa profesionalidade e amor as letras galegas. E grazas tamén por deixarme gozar da mellor experiencia literaria da miña vida: formar parte dos premios Xerais de Novela.

  3. saúde Manolo e benvido á nova vida coa liberdade como compañeira, agardo polo intre no que percorrer dende a miña A Coruña inesquecíbel o teu Vigo e contorna, paseniñamente
    apertas

  4. All things must pass… tristemente. Unha aperta moi moi forte, Manolo. O que ninguén nos quitará son as colaboracións nunha chea de libros e comics… e os momentos compartidos. Momentos como aquel no camping da Cañiza, ti xa sabes. Disfruta da vida agora que terás máis tempo. Sempre estarei para ti.
    Fran Jaraba

  5. Antonio Basanta Reyes 14 de Abril de 2018 at 9:34 a.m.

    Querido Manolo:
    Desde el entrañable recuerdo de los muchos afanes compartidos, te hago llegar el más cariñoso abrazo y mis mejores deseos para esta nueva etapa que ahora emprendes y que, como todas las anteriores , porque tú las harás realidad ,vendrá plena de experiencias extraordinarias.

  6. Grazas polos libros e polo privilexio de ser xurado do Xerais. Vivilo dende dentro e coñecer a Agustín Fernández Paz, nada máis fermoso e literario!

Deixa unha resposta

Podes utilizar algúns tags HTML para formatear a túa resposta. Preme no seguinte link HTML. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Canto suman 9 + 4 ?
Please leave these two fields as-is:
Esta pregunta faise porque a maioría dos comentarios veñen de robots. Deste xeito sei si és humano.