Onte 1961: Baixa

Foron moi dificiles os últimos días. A petición propia, onte deixei de ser director de Xerais. Foi unha decisión meditada coa que pretendo volver á escola a comezos do vindeiro curso e continuar colaborando con Xerais e coas outras empresas do Grupo Anaya na súa estratexia de edición en Galicia. Hoxe non podo expresar máis que a miña máis fonda gratitude a todas persoas coas que colaborei neste vinte e oito anos intensos e inesquecibles nos que tiven a fortuna  de formar parte do cadro de profesionais de Xerais, ao tempo que ofrezo as miñas desculpas polos erros, probablemente moitos, que puidera ter cometido. Sei que este é un momento de esperanza nun tempo de incerteza. Xaora, sei que está asegurada a continuidade anovada do proxecto editorial de Xerais como piar e líder da edición en lingua galega. Con todos os abrazos para todas as persoas coas comparto azos e esperanzas. Beizón!

6 comentarios
  1. María Costa
    María Costa Dice:

    Grazas a ti, Manolo, por toda a túa profesionalidade e amor as letras galegas. E grazas tamén por deixarme gozar da mellor experiencia literaria da miña vida: formar parte dos premios Xerais de Novela.

    Responder
  2. Ramón Gallego
    Ramón Gallego Dice:

    saúde Manolo e benvido á nova vida coa liberdade como compañeira, agardo polo intre no que percorrer dende a miña A Coruña inesquecíbel o teu Vigo e contorna, paseniñamente
    apertas

    Responder
  3. Fran Jaraba
    Fran Jaraba Dice:

    All things must pass… tristemente. Unha aperta moi moi forte, Manolo. O que ninguén nos quitará son as colaboracións nunha chea de libros e comics… e os momentos compartidos. Momentos como aquel no camping da Cañiza, ti xa sabes. Disfruta da vida agora que terás máis tempo. Sempre estarei para ti.
    Fran Jaraba

    Responder
  4. Antonio Basanta Reyes
    Antonio Basanta Reyes Dice:

    Querido Manolo:
    Desde el entrañable recuerdo de los muchos afanes compartidos, te hago llegar el más cariñoso abrazo y mis mejores deseos para esta nueva etapa que ahora emprendes y que, como todas las anteriores , porque tú las harás realidad ,vendrá plena de experiencias extraordinarias.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Antonio Basanta Reyes Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *