Un compostelano, alcalde de Marbella

Entre todo o que lin sobre o de Marbella, o mellor, con moito, é o antetítulo desta noticia. Orgullo picheleiro, si señor!
1 comentario
  1. O Nadador
    O Nadador Dice:

    Sempre me pareceu vergoñento o apoio do mundo do fútbol a Jesús Gil. Este ladrón e asasino sempre gozou dunha imaxe de personaxe simpático e polémico inmerecida. Agora atácase a outro camándula coma el, Dimitri Piterman, pero debe ser que como é Ucraíno nacionalizado estadounidense e non fala coa prensa é peor. Jesús Gil posiblemente acabou con Marbella, unha das zonas máis fermosas de Andalucía, para os próximos dos 50 anos. El sempre se amosaba fachendoso de que limpara a chusma das rúas da súa cidade pero parece ser que cos ionquis e melenudos tamén marchou a jet set que levaba décadas alí instalado e pasouse ás urbanizacións de luxo de Cádiz. Agora só queda agardar que a xustiza castigue ao maior número posible de implicados porque moitos xa son intocables. ¿Por que houbo en decembro un partido a Jesús Gil apoiado pola comunidade de Madrid que ademais servía para combatir o racismo (el nunca ocultou a súa ideoloxía de ultradereita e xenófoba) e, nun xiro propio de Witold Gombrowicz, contra a fibrosis quística? ¿Acaso iso non é malversación de caudais públicos? Jesús… ¿Segues a roubar desde o inferno?

    Sobre o localismo na prensa mellor non falar ou ler La Voz de Galicia un medio de comunicación de ideoloxía Coruñesista

Los comentarios están desactivados.