Pareceume impresionante «Fuxiamos», a Canción de Manuel deste ano. Como fixeran en edicións anteriores, con motivo das efemérides do 2 de abril,Día internacional de concienciación sobre o autismo, tamén Día internacional do libro infantil e xuvenil, Olga Lalín e Seso Durán, profesores de ensino secundario, pretenden desfacer prexuízos e proporcionar visibilidade ao trastorno do espectro autista que padece o seu fillo Manuel. Recomendo vivamente compartir esta peza fermosa que expresa a sinceirdade dunha familia que afornta o TEA con sensibilidade e determinación. Como recomendo seguir a páxina de Facebook «Alto Alto como una montaña» dedicada a reclamar o compromiso das autoridades educativas e sanitarias para mellorar e implementar un modelo de atención integral para as persoas con diversidade funcional, respectándoas como cidadáns de pleno dereito.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2016/04/12931257_981891321848690_6408358570847822781_n.jpg542423bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2016-04-03 20:39:142016-04-03 20:46:43Onte 1631: «Fuxiamos», a nova canción de Manuel
Sempre baixo o título d’ A canción de Manuel, Olga e Seso foron construíndo unha achega musical e educativa moi valiosa para desfacer prexuízos e achegar visibilidade sobre este trastorno que afecta a un de cada 150 nenos, con especial incidencia sobre os varóns, catro de cada cinco diagnosticados. Seso e Olga expresan nas palabras limiares do primeiro tema (A canción de Manuel I, 2012) que «a percepción do mundo [do seu fillo] non é coma nosa, mais ten todo o sentido»; que «convivir co autismo é subir unha montaña invisible cada día, unha montaña que nos axudan a subir mans expertas e que nos dan alento cando fai falta.» «Ás veces parece que o autismo é unha man que aperta moi forte o meu corazón, e non me deixa vivir, entón chega Manuel, colle a man que me aflixe e a fai desaparecer co seu sorriso» confesa Olga no limiar do segundo (A canción de Manuel II. Alí estarei, 2013). O recitado de números como conquista da linguaxe e da memoria, mais tamén como aloumiño do aire, centrou o terceiro (A canción de Manuel III, O oito, 2014). «Somos refuxio e somos desvelo e somos as mans pegadas. Quen vai ir da túa man, un día? Quen vai ir contigo?» pregúntanse Olga e Seso na cuarta entrega, ao fío dos momentos tan duros vividos cando coñeceron o diágnóstico de Manuel (A canción de Manuel IV. Son o teu medo, 2015). Catro cancións preciosas, escritas con inequívoca caligrafía azul, esta tinta da sensibilidade imprescindible para coñecer, comprender e difundir que «o esencial é invisible».
Dende o proxecto d’ A canción de Manuel, como dende o espazo de Fb Alto como unha montaña, apélase á responsabilidade e compromiso das autoridades educativas e sanitarias para mellorar e implementar un modelo de atención integral para as persoas con diversidade funcional, respectándoas como cidadáns de pleno dereito. A nosa maior admiración para todas as familias, profesionais e asociacions que traballan na escuridade deste territorio de esperanza.
Recomendo ler esta anotación do blog de Seso Durán na que explica a poética da canción deste ano, na que o propio Manuel, cunha cámara colocada na súa fronte, deitaba a súa ollada sobre o seu arredor, durante un paseo por Vigo. Como tamén estoutra do blog de Olga Lalín na que se contextualiza esta reclamación para a abordaxe integral do TEA no marco dos dereitos da infancia. Moi interesantes e clarificadoras as dúas.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2015/04/a_cancion_de_manuel.jpeg168300bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2015-04-03 00:01:342015-04-04 15:40:48Onte 1283: A canción de Manuel
Foi onte Seso Durán quen me abriu os ollos sobre o extraordinario traballo audiovisual que se ven realizando no CEIP A Lama. Abonda con visitar o web da biblioteca escolar, «O recanto do Leo», ou a súa páxina en Vímeo para quedar abraiado e engaiolado polas pezas producidas polo alumnado e profesorado deste centro público situado ao pé da Serra do Suído. Se Ranilda, unha curta de animación en Stop Motion, é impresionante, A escaleira deixounos coa boca aberta. Outro tanto sucedeu coas pezas que forman parte do Proxecto de Documental Integrados, «Ríos e praias en boas mans» ou «Sementa ideas, recolle futuro», nos que todo o centro traballa as competencias básicas contando coa biblioteca escolar como centro de recursos ao servizo do currículo. Un traballo recoñecido con diversos e importantespremios que demostra a potencialidade transformadora da innovación didáctica cando está inserida nun proxecto comunitario. Emocionante saber desta experiencia de escola galega, fachendosa do emprego da lingua de noso, arraizada na terra e na utilización das ferramentas comunicativas do noso tempo. Xaora, enxergando esperanza. A comunidade educativa do CEIP A Lama merece a nosa beizón e gratitude.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2015/01/CEIBE2014.jpg200200bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2015-01-29 00:01:152015-02-01 11:46:24Onte 1219: «Ranilda» ou o audiovisual no CEIP A Lama
Nas primeiras sesións de tarde presentaranse as experiencias das bibliotecas escolares do Rosal e das Neves e da Biblioteca Municipal de Ribadavia. Así mesmo a Coordinadora Galega de ENDL organiza unha serie de obradoiros prácticos: o de iniciación ao audiovosual do IES As Barxas de Moaña a cargo de Seso Durán; o obradoiro de xoguetes tradicionais como recurso didáctico, a cargo de Xosé López e Xosé Manuel García e o obradoiro de radio escolar impartido polo profesorado e alumnado promotor de «Ponte en galego» a radio escolar do IES Breamo de Pontedeume.
Xa nas derradeiras sesións, os participantes poderán asistir á presentación da experiencia formativa «Un Artista na escola» de EducaBarrié ou ao debate sobre «A lectura e a lectura en galego», impulsada polo servizo de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia e a Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia, na que participarán a editora de OQO Eva Mejuto, á bibliotecaria de Caldas de Reis Rosa María Barreiro Novás, a asesora do servizo de Bibliotecas Escolares Pilar Sampedro e o escritor Pedro Feijoo. Unha xornada formativa completísima. Outro xeito de construír Culturgal.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/11/7c992706d82ede1426ccd3fc4a408e34.jpg446236bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2014-11-30 00:01:252014-11-29 11:37:14Onte 1161: Culturgal para o profesorado