Premios da Edición 2007

Eis o resultado dos Premios da Edición 2007 fallados onte na Coruña. Para min o máis interesante da velada celebrada no Aquarium, ademais da nosa ledicia polo premio recibido polo libro de Agustín Fernández Paz (un recoñecemento alboral a unha obra que presinto vai dar moito que ler), foi a magnífica intervención institucional de Alfonso García Sanmartín.
En apenas sete minutos, o presidente da AGE debuxou con claridade meridiana a folla de ruta do sector editorial privado galego para os vindeiros anos: aposta polas políticas de lectura pública, modificación do sistema de préstamo, modernización e formación do sector e consolidación da estrutura e funcioamento gremiais. Palabras oportunas e firmes (mágoa que non aparecese sequera unha pequena referencia a ela na información nos medios) para recuperar a autoestima e o traballo solidario dos editores galegos. Boa falta fan!
O vindeiro ano, a cuarta edición desta Noite da Edición celebrarase en Vigo.

1 comentario
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    e logo señor brétemas que pasou na entrega dos premios con sechu sende? púxolle os colores aos políticos co das piscifactorias e outras cousas, como parece que está facendo outra gente, vid arriba sarille?
    saúdos!

Los comentarios están desactivados.