Onte 340: Indignación

A detencion brutal de Rafa Estévez, o fotoxornalista de Diario Pontevedra, produciume indignación e unha enorme preocupación. Poñer un xeonllo na cabeza a un fotógrafo, que  pretendía realizar o seu traballo en moi difíciles condicións, non pode ser considerada, baixo criterio ningún, unha utilización proporcionada da violencia. Todas as informacións dispoñibles, como as declaracións das testemuñas (incluídas as das autoridades), que asistiron atónitas ao sucedido, amosan que a actuación policial no momento da detención foi desproporcionada. Como hai coincidencia en que a organización da recepción aos olímpicos galegos –entendo que o dispositivo de segurirdade é responsabilidade da subdelegación do Goberno– foi un auténtico caos. Como semella a todas luces inverosímil a presunta agresión da que a policía acusa ao fotoxornalista. O delegado do Goberno debe dar explicacións e algunha desculpa sobre o sucedido onte en Peinador.

1 comentario
  1. Maeloc
    Maeloc Dice:

    Ao ver o policía, axudado no seu “traballo” por outros tres, pisándolle a cabeza ao humilladísimo e xa reducido fotógrafo sentín unha grandísima revolución nas miñas tripas. Despois de ver a foto, a alerxia que xa sentía pola policia e demais corpos armados e uniformados desbocóuseme -teño que recoñecelo- unha barbaridade. Aínda que lles pareza que ganaron unha guerra (a policía ou unha parte dela considera os civís como os seus inimigos), perdérona, ao quedar aos descuberto a súa indiscutible desproporción e brutalidade.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará