Onte 252: En Lugo con Waldemar

Tras asistir aos actos da mañá en Vigo, viaxei con Pedro Feijoo a Lugo para participar no serán da Feira do Libro. Utilizamos de novo o sistema de dobre sesión, primeiro presentamos Os fillos do mar e logo O misterioso Doutor Saa, a biografía sobre o ilusionista e prestidixitador de Portotmarín Conde de Waldemar preparada por Xosé Díaz e Belén Fernández. O serán constituíu unha reivindicación do papel da memoria nun país esquecedeiro, con especial atención aos vínculos de Waldemar coa cidade de Lugo, o lugar de regreso despois de calquera dos longos periplos polo mundo do mago. Xosé Díaz, despois de contar a anécdota deliciosa da galiña dos ovos de ouro, protagonizado polo doutor Saa e rescatada por Trapero Pardo, reclamou un lugar para o mago no rueiro da cidade. Belén Fernández abordou a figura de Waldemar como emigrante e aventureiro lembrando a súa aprendizaxe en París e o seu debú en Arxentina. Rematou adiantando a hipótese da súa probable influencia no fenómeno literario latinoamericano do realismo máxico. Un magnífico serán das letras.

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas a presentación en Lugo de O misterioso Dr. Saa, libro que publicou Xerais, subtitulado A historia […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *