O lapis de Dios

Fomos ao estudio que Xosé Luis de Dios ten en Fronteira a recoller o traballo que preparou para a edición ilustrada do lapis do carpinteiro. Despois dun par de horas de conversa gozosa e intelixente, viñemos chimpando de ledicia pola autoestrada con medio cento de debuxos e tintas no cartafol. De Dios é un pintor de estirpe disidente, deses escasos lectores empedernidos de poesía e ensaio, un auténtico artista e intelectual na súa madurez. Confesounos que intenta agora visitar os vieiros e camiños plásticos que percorreu noutrora, como unha nova viaxe polas paisaxes da alma.
Concibimos esta edición do lapis, o noso libro máis emblemático dos últimos anos (que tamén será a definitiva na fixación do texto) como un reto para o noso traballo de editores.
1 comentario

Los comentarios están desactivados.