"O club da calceta", Premio San Clemente

O club da calceta de María Reimóndez obtivo o premio San Clemente outorgado por alumnos de 2º de bacharelato de cinco institutos públicos galegos á mellor obra narrativa en galego en 2006. Esta novela, recoñecida xa polo público (vai xa na 2ª edición), obtén o seu primeiro e merecido recoñecemento. Está sendo traducida para o italiano e o castelán, ademais de sendo adaptada para a televisión. Os nosos parabéns para María!
Actualización (29-06-2007): Entrevista a María Reimóndez en Galicia hoxe.

1 comentario
  1. Nacho
    Nacho Dice:

    Unha boa noticia a adaptación a tv da novela da Reimóndez. Temos en galego moi bos libros susceptíbels de ser mostrados ó mundo en outros formatos, veremos como queda O club.

Los comentarios están desactivados.