Libros ao quilo

Se algúen tiña dúbida algunha do que expresaba no pregón, velaí unha proba contundente que me envía Miguel (A Coruña, 7 de xullo 2006).
Etiquetas: Libros
5 comentarios
  1. bola extra
    bola extra Dice:

    pois si, mellor isto que ter un almacén repleto de libros aos que non se lle dá saída por ningún lado… eu teño atopado nese mesmo tenderete (que está por temporadas na entrada nun centro comercial da Coruña) algúns libros descatalogados que doutra forma non tería oportunidade de mercar…
    (síntoo, quixera lelo, pero non son quen de abrir o pregón… debe ser cousa do sistema do meu ordenador…)

  2. besbellinha
    besbellinha Dice:

    Visto así, parece unha mercadoría calquera e un desprecio polo traballo de quen estivo a escribir, mais como todo ten moitos puntos de vista, quedemos co que nos favorece aos lectores: unha especie de rebaixas de verán. Así pinta mellor.

  3. X
    X Dice:

    Non é maior desprezo que o que se lle fai a unha costureira vendendo unha saia nas rebaixas a tres euros ou a un gandeiro vendendo o leite por debaixo do prezo de custo.
    Non existe un público capaz de absorber a produción existente?
    E xa inseridos no remuíño do mercado, é mellor vender barato ou non vender?

Los comentarios están desactivados.