Hipertextos 008/2019: Reto lector «12 meses, 12 libros»
Co comezo do ano nas redes sociais publícanse propostas de retos lectores, a maior parte deles baixo a fórmula de «12 meses, 12 libros». A verdade é que os criterios para a escolla das lecturas son moi diversos e nalgúns casos un chisco arbitrarios, mais todos procuran a fidelización ho hábito lector na diversidade de xéneros e temas, ao tempo que deixan a cadaquén a maior liberdade para para satisfacelos. Retos no que o lectora ou a lectora asume a diversidade da oferta libreira ou bibliotecaria como unha nova oportunidade para deixarse sorprender.
En todo caso, propostas como as que fai a Axencia de Lectura do Concello de san Sadurniño e o seu reto lector para 2019 constitúen un aliciente para o fomento da lectura que merecen ser compartidos.
Reto lector 2019 para lectoras adultas
A biblioteca pública lánzanos un reto que nos volva enganchar á lectura en papel. No caso das persoas adultas a proposta que fai é a de ler alomenos 14 libros entre xaneiro e decembro de 2019. Danos liberdade de elección, pero pon algunhas condicións á hora de facela.
- un dos libros ha de ser unha novidade da biblioteca;
- outro será de non ficción;
- o terceiro deberá ter recibido un premio literario galego;
- tamén teremos que ler algunha obra protagonizada por unha muller;
- obrigatorio tamén ler algún autor ou autora que gañase o Nobel;
- hai que ler unha obra de poesía;
- en sexto lugar pide que leamos un álbum ilustrado ou novela gráfica;
- un clásico;
- o libro favorito en galego dunha amizade ou familiar;
- algunha obra dun ou dunha homenaxeada polas Letras Galegas;
- ler tamén algo escrito por nomes da literatura hispanoamericana;
- un libro que fose levado ao cine;
- unha novela histórica
- e, por último, unha obra de teatro.
Reto lector 2019 para a rapazada
- unha novidade;
- un que narre episodios da vida real;
- outro de misterio ou medo;
- un cómic;
- unha obra protagonizada por un animal;
- un libro de aventuras;
- unha obra con premio literario galego
- e outra con premio literario infantil;
- un conto clásico;
- un libro de fantasía;
- outro de poesía
- e, como remate da lista, unha obra relacionada con calquera aspecto científico.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir