Faleceu Xesús R. Jares

Estou enormemente conmocionado xa que hai só unhas horas que faleceu o meu amigo Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Suso sempre foi un modelo de dignidade e, como tal, morreu cos brazos abertos á vida, ofrecéndonos a tenrura e a esperanza pola que loitou toda a súa vida. O acto civil na súa memoria terá lugar hoxe domingo ás 20:00 horas no Vigomemorial. Con todos os nosos abrazos para Paz e Sira.

6 comentarios
  1. r.r.
    r.r. Dice:

    Teño del un magnífico recordo dende que hai anos a fortuna mo agasallou coma mestre nun Curso de Aptitude Pedagóxica. Tento dende entón ter na cabeza as ensinanzas que nos transmitiu e plantéxome se non será mal síntoma a escasa presencia que pedagogos do seu calibre teñen na nosa vida pública. Vaise un grande mestre e boa persoa.

    Ánimo prós seus.

  2. apicultor
    apicultor Dice:

    Entérome hai media hora polas Uvas na Solaina desta triste noticia. Sen saber nada, pasei hoxe moi preto do lugar onde se ía celebrar o acto, á mesma hora no que estaría comezando.

    Quixera trasmitir a toda a súa familia e todos os seus amigos as miñas sentidas condolencias e os meus ánimos nestes duros momentos.

    Coñecín un pouco a Suso hai uns anos, souben do seu excelente traballo, sempre me pareceu unha persoa honesta e traballadora. Descanse en paz.

  3. Xabier P. DoCampo
    Xabier P. DoCampo Dice:

    Adeus amigo e compañeiro. Sempre ficarás na miña lembranza, a ela acudirei para seguir a aprender de ti. Nunca te dsarei ao esquecemento.

Los comentarios están desactivados.